Heavy Lungs é unha banda inglesa de noise rock baseada en Bristol e formada en 2017. O grupo está composto polo batería George Garratt, o guitarrista Oliver Southgate, o vocalista Danny Nedelko, e o baixista James Minchall.
Historia Heavy Lungs foi formada en Bristol a principios de 2017 polo baixista James Minchall e o vocalista Danny Nedelko. Nedelko e Minchall xa traballaran xuntos, e comezaron a gravar música, recrutando máis tarde aos músicos locais de Bristol Oliver Southgate e George Garratt para completar a banda. En 2018 o grupo lanzou o seu EP de estrea, Abstract Thoughts.
A finais de 2018, o cantante principal converteuse no tema dunha canción de IDLES, tamén de Bristol, que lanzou o tema "Danny Nedelko" como sinxelo principal do seu segundo álbum, Joy as an Act of Resistance.
En 2019 a banda lanzou dous EPs: Straight to CD, que saíu o 7 de febreiro de 2019, e Measure, lanzado o 10 de outubro.
O 29 de setembro de 2023 a banda lanzou o seu álbum de estudio de estrea, All Gas No Brakes.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo All Gas No Brakes 2023 Alcopop! Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Bristol Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 2017