Esther Jane Williams, nada en Inglewood, California, o 8 de agosto de 1921 e finada en Beverly Hills o 6 de xuño de 2013, foi unha nadadora e actriz estadounidense.
Traxectoria Williams era a filla máis nova dunha familia pobre con cinco fillos. Comezou a nadar desde nena na piscina pública da súa cidade.
Antes de entrar no cinema, Williams, entusiasta da natación, foi campioa do deporte na Feira Mundial de San Francisco. Alén diso, estudou na Universidade de Carolina do Sur e foi modelo profesional. Finalmente decidiuse polo mundo do espectáculo e comezou a realizar presentacións co tamén nadador Johnny Weissmüller, famoso polos seus éxitos olímpicos e polos seus filmes como Tarzan. Nese contexto foi descuberta en 1940 pola Metro-Goldwyn-Mayer, produtora coa que asinou un contrato. Estreouse no cinema ao lado de Mickey Rooney no filme Andy Hardy’s Double Life e en 1944, ao actuar en Bathing Beauty acadou finalmente o estrelato, pasando a figurar entre as grandes actrices da MGM.
Foi elixida unha das estrelas con maior público en 1950, alén de ser considerada a serea de Hollywood e a raíña dos filmes musicais dos estudios MGM, sempre en espectáculos acuáticos. En 1952 estreouse un dos seus maiores éxitos de billetería, Million Dollar Mermaid, biopic en que a actriz interpretaba a Annette Kellerman.
Como para outras grandes estrelas da época dourada de Hollywood, a madurez de Williams non foi moi feliz, principalmente canado o seu matrimonio co exgalán latino Fernando Lamas comezou a desmoronarse. En 1974, aos 51 anos de idade, foi apresada por conducir en estado de embriaguez. Liberárona após dúas horas despois de que o seu marido pagase a fianza.
Faleceu na noite do 6 de xuño de 2013 nos Ánxeles mentres durmía, aos 91 anos de idade.
Vida persoal Williams casou catro veces. Divorciada en 194411 de setembro de 1944, San Jose Evening News. do doutor Leonard Kouner (con quen casara en 1940), volveu casar no ano seguinte co actor Ben Gage, co que tivo tres fillos e de quen tamén se divorciou. Tamén estivo casada co actor Fernando Lamas, o latin lover do cinema americano, co que permaneceu casada ata o falecemento del por mor dun cancro de páncreas o 8 de outubro de 1982. Viviu en Beverly Hills co actor Edward Bell, con quen casou o 24 de outubro de 1994.
Filmografía + Filme Ano Título Personaxe Notas 1942 Andy Hardy's Double Life Sheila Brooks Personalities Sheila Brooks (test de pantalla) Curtametraxe Inflation Mrs. Smith Curtametraxe 1943 Ellen Bright 1944 Bathing Beauty Caroline Brooks 1945 Thrill of a Romance Cynthia Glenn Ziegfeld Follies Herself ('A Water Ballet') 1946 Kay Lorrison Easy to Wed Connie Allenbury Chandler Till the Clouds Roll By Ela mesma Sen acreditar 1947 Fiesta Maria Morales This Time for Keeps Leonora 'Nora' Cambaretti 1948 On an Island with You Rosalind Reynolds 1949 Take Me Out to the Ball Game K.C. Higgins Neptune's Daughter Eve Barrett 1950 Duchess of Idaho Christine Riverton Duncan Pagan Love Song Mimi Bennett 1951 Texas Carnival Debbie Telford Callaway Went Thataway Ela mesma Sen acreditar 1952 Skirts Ahoy! Whitney Young Million Dollar Mermaid Annette Kellerman 1953 Dangerous When Wet Katie Higgins Easy to Love Julie Hallerton 1954 Athena Guionista sen acreditar 1955 Jupiter's Darling Amytis 1955 Motion Picture Theatre Celebration Ela mesma Curtametraxe 1956 The Unguarded Moment Lois Conway 1958 Raw Wind in Eden Laura 1961 The Big Show Hillary Allen 1963 Magic Fountain Hyacinth Tower 1994 That's Entertainment! III Ela mesma
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Esther Williams Swimming Pools website Photographs of Esther Williams The Golden Years Vaudeville theater named in honor of Esther Williams
Categoría:Nados en Inglewood Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nadadores dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood