Diego Domínguez Martín, nado en Madrid o 4 de maio de 2003 é un deportista español que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Conseguiu unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2024, na proba de C2-500 metros.
Traxectoria Nacido en Madrid, en 2020 instalouse en Pontevedra e ingresou no Club Breogán do Grove. Gañou dúas medallas de ouro no Campionato do Mundo Sub-23 de Piragüismo, en 2022 na proba C2-500 m mixto e en 2023 en C2 500 m masculino.
Tamén en C2-500 participou xunto ao catalán Joan Antoni Moreno nos Xogos Olímpicos de 2024. Conseguiron o segundo posto da súa serie e con ela o pase directo ás semifinais, e nestas a cuarta posición da súa manga, o que lles deu acceso á final. Xa na tirada final, conseguiron a medalla de bronce ao cruzaren a meta na terceira posición, só por detrás das embarcacións dos chineses Liu Hao e Ji Bowen e dos italianos Gabriele Casadei e Carlo Tacchini. Palmarés internacional Xogos OlímpicosAnoLugarMedallaCompetición2024 París BronceC2 500 mCampionato MundialAnoLugarMedallaCompetición2026 Poznan BronceC4 500 mCampionato EuropeoAnoLugarMedallaCompetición2026 Montemor-o-Velho PrataC2 500 OuroC4 500 m mixto
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Piragüistas de España Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Piragüistas olímpicos de España Categoría:Piragüistas olímpicos de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos de Galicia Categoría:Medallistas olímpicos por España Categoría:Medallistas olímpicos en piragüismo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2024 Categoría:Piragüistas nos Xogos Olímpicos de 2024