Jani Gal (en ) é un filme iraquí de 2007 rodado en lingua kurda e dirixido por Jamil Rostami, quen coescribiu o guión con Khosro Sina e tamén foi o produtor. O filme está baseado na novela homónima de Ibrahim Ahmad de 1972. Está protagonizado por Nzar Salami, Renas Wrya e Abdul Hamajwan. A historia, ambientada no Kurdistán das décadas de 1940 e 1950, narra a crónica de Jwamer despois de saír do cárcere e a procura da súa muller e do seu fillo. Foi escollido como candidato de Iraq para o Óscar ó mellor filme internacional na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Iraq propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua kurda Categoría:Filmes de Iraq Categoría:Filmes rodados en Iraq Categoría:Filmes ambientados en Iraq Categoría:Filmes ambientados no Kurdistán