Rain é un filme bahamés de 2008 dirixido e escrito por Maria Govan. Esta foi unha das primeiras longametraxes rodadas integramente por cidadáns das Bahamas. Rain está entre os últimos traballos do actor Calvin Lockhart.
Sinopse Unha moza bahamesa, Rain, embarca dende a Illa Ragged e marcha cara a Nassau. A morte da súa avoa obrigouna a saír e explorar o mundo pola súa conta. Cando ela chega a Nassau, as vistas da gran cidade abáfana, e axiña atopa as súas ilusións idealistas esnaquizadas cando descobre o destrutivo que se fixo o estilo de vida da súa nai. Varada nun ambiente descoñecido que a enche de medo e enfrontada a unha nai que nunca coñeceu, Rain busca desesperadamente atopar o seu propio lugar no mundo.
Personaxes CCH Pounder como Ms. Adams Nicki Micheaux como Glory Renel Brown como Rain Irma P. Hall como Rosalie Marion Bethel como Ms. Wells Ron Butler como The Preacher Margaux Dillet como Manman Magdaline Chrishawn Ferguson como Sinu Roger Gibson como Prèchè Trenae Johnson como Keva Juanita Kelly como Margo Calvin Lockhart como Samuel
Produción Rain foi o primeiro filme dirixido por Maria Govan, que recadou o orzamento dun millón de dólares a través de investidores bahameses. ITamén foi unha das primeiras longametraxes que se produciron integramente nas Bahamas (o primeiro foi "Filthy Rich Gangster"), país que fora durante moito tempo un lugar de rodaxe para os filmes James Bond A película de Govan rodouse durante catro semanas en tres illas diferentes das Bahamas, incluíndo Nova Providencia e Eleuthera; a rodaxe tamén tivo lugar na cidade de Nova York.
Notas
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes das Bahamas Categoría:Filmes sobre temática LGBT das Bahamas