O Imperio Purépecha, tamén coñecido como Iréchikwa, foi unha entidade política do México precolombiano. O seu territorio abranguía aproximadamente a área xeográfica do actual estado mexicano de Michoacán, así como partes de Guanajuato, Guerrero e Xalisco. Durante a época da invasión española, era o segundo meirande estado de Mesoamérica. O estado tamén era coñecido como Imperio Tarasco.

O imperio foi fundado a comezos do século XIV e perdeu a súa independencia ante os españois en 1530. En 1543 converteuse oficialmente na gobernación de Michoacán, termo que provén do náhuatl Michhuahcān, de michin ("peixe"), -huah ("posuidor de") e -cān ("lugar de") e significa "lugar dos pescadores".

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Historia de México Categoría:Imperios desaparecidos Categoría:Estados da Idade Moderna