José Luis Basanta Campos, nado na Fonsagrada o 5 de maio de 1924 e finado en Pontevedra o 20 de decembro de 2016, foi un químico galego coñecido polos seus traballos de investigación sobre as filigranas, ou marcas de auga do papel e no tocante á historia da reloxería e o estudo e catalogación dos reloxos de sol de Galicia.

Traxectoria Fillo de Andrés Basanta Silva, xuíz de primeira instancia na Fonsagrada, estudou e licenciouse na carreira de Ciencias Químicas (1941-1946) en Oviedo. En 1949 foi nomeado profesor axudante de clases prácticas na Facultade de Ciencias de Santiago de Compostela, onde consegue unha bolsa do CSIC e traballa baixo a dirección do doutor Ignacio Ribas. En 1951 le en Madrid a súa tese sobre os alcaloides do toxo, e a partir de 1955 comeza a traballar en FEFASA (Miranda de Ebro). En 1962 trasládase e establece definitivamente a súa residencia en Pontevedra, onde primeiro traballa para Ence ata 1966, e logo nese mesmo ano, comeza a súa labor como director técnico en Elnosa, ata a súa xubilación en 1989. Entre 1974 e 1978, chegou a ser decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

Paralelamente á súa vida profesional, convértese nun dos maiores expertos en documentos antigos, gran estudoso da historia do papel, da reloxería e os reloxos de sol. Escribiu e participou en varios libros e en ducias de artigos en publicacións galegas, españolas e mesmo estranxeiras, chegando a ser colaborador no xornal ABC no tocante a reloxería.

Durante anos tivo unha estreita relación co Museo de Pontevedra. Doou libros e escribiu varios artigos na súa revista. En 1997 apróbase a súa designación como vocal do padroado do museo no que tamén foi bibliotecario.

Na última etapa da súa vida colabora xunto a Guillermo García de la Riega da Asociación Cristóbal Colón Galego, no estudo e análise da documentación utilizada por Celso García de la Riega para a súa teoría sobre a orixe galega de Cristovo Colón.

Outra faceta de José Luis Basanta é a de biblíofilo e coleccionista de libros, e mesmo de xoguetes. As distintas doazóns que fai ó longo da súa vida dan fe desta afección. En 1976 doa unha serie de libros e publicacións ó Museo de Pontevedra. En 2010 doou unha serie de 40 xoguetes dos anos 30 ó Museo Provincial de Lugo e no 2013 lega a totalidade da súa colección de 9 000 exemplares á Biblioteca de Galicia.

O 20 de decembro do 2016 falece ós 92 anos de idade e foi soterrado no cemiterio municipal de Vilalba.

Papel Estudoso da historia e das filigranas do papel foi considerado o maior experto en papel antigo de Galicia. Foi moi importante a súa aportación ó estudo das filigranas como xeito de datar documentación. Dende 1995 ata 2002 dirixiu e coordinou a recompilación de filigranas dos arquivos do Museo de Pontevedra.

Obra . . . . . . . .

Reloxería Escribiu varios artigos e libros sobre a reloxería e a historia da mesma na Península Ibérica.

Obra . . . . .

Outras obras nas que participa: . . .

Reloxos de sol miniatura|dereita|Reloxo de sol polar monumental no Centro Social de Donramiro, Lalín. José Luis Basanta é considerado un pioneiro no estudo e catalogación dos reloxos de sol, un tema ata entón inédito tanto en Galicia como no resto de España. As exposicións que realizou a partir de 1977 sobre este tema en distintos museos de Galicia e do resto do país, xunto a publicación en 1986 do seu libro Relojes de piedra en Galicia, suscitaron certo interese e convertéronse en referencia para autores posteriores.En Bueu. Os seus canteiros e os seus reloxos de sol, de Jozef Van Linthoudt (1997), apúntase: "O Sr. Basanta que fixo un excelente estudio sobre os reloxos, escribe que dos máis de 300 reloxos que mirou en Galicia, 195 atópanse na provincia de Pontevedra", p. 58.En Relojes de Sol en el patrimonio construido. Civil, religioso, militar y etnográfico, de Antonio J. Cañones Aguilar e José M. Yáñez Rodríguez (Deputación Provincial da Coruña, 2019), apúntase: "En lo que se refiere a la forma y tomando como referencia la clasificación que establece J. L. Basanta en cuanto a la geometría del “continente” de la parte astronómica del reloj solar gallego, los distribuiremos en 7 tipos básicos", p. 23. Así referíase o historiador Xosé Filgueira Valverde sobre o traballo de Basanta:

A parte do estudo e catalogación dos reloxos de sol tamén dedicouse ó seu deseño. A súa obra máis destacada a fixo entre os anos 2009 e 2010. Xunto o arquitecto Enrique Pérez Ardá, instalaron nunha superficie de 300 metros cadrados do Centro Social Donramiro (Lalín) o que foi considerado na súa época como o reloxo de sol polar máis grande de Europa. Inaugurouse o 15 de outubro de 2010. O monumental reloxo tamén foi unha homenaxe a Ramón Aller, o afamado astrónomo local.

Obra . .

Outras obras nas que participa: e . e .

Exposicións 1977 El reloj de sol en Galicia no Museo de Pontevedra. 1978 Reloxos de sol no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. 1978 Reloxos de sol no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. 1980 Relojes de sol gallegos no Museo de Artes y Costumbres Populares de Sevilla. 1980 Rellotges de sol de Galicia no Museo de las Artes Decorativas de Barcelona. 1980 Museo Provincial Téxtil de Terrasa. 1982 Colexio Maior Guadalupe de Madrid. 2014 Libros sobre reloxos. Colección José Luis Basanta, na Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela.

Recoñecementos Presidente do padroado da Editorial de los Bibliófilos Gallegos. 1987 Membro numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. 1988 Colexiado distinguido polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia. Socio de honor da Asociación de Amigos de los Relojes de Sol. 2013 Socio de honor do Liceo Casino de Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía . . , e . . .

Outros artigos Papel Filigranas Reloxo Reloxo de sol

Ligazóns externas Las filigranas, como elemento de estudio en el Colón gallego.

Categoría:Nados en 1924 A Fonsagrada Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Finados en 2016