miniatura|250px|Embarcación viquinga. miniatura|300px|Viaxes viquingas. O termo viquingo (do antigo nórdico víkingr) polo común sinala os exploradores, navegantes, comerciantes e guerreiros normandos (literalmente "homes do Norte"), que orixinarios de Escandinavia, atacarían as costas das Illas británicas, Francia, a Península Ibérica e outras partes de Europa, chegando tan lonxe como ata o río Volga, en Rusia, entre o século VIII e o século XI. O período da historia europea, datada polo xeral entre 793 e 1066, é con frecuencia denominada a Era dos viquingos. O termo é usado, tamén, para designar as poboacións de Escandinavia na Era dos viquingos, e aínda os seus asentamentos noutras partes. Os viquingos controlaban boa parte do comercio co norte de Europa e dominaban as rutas do Báltico e do interior de Rusia ata Bizancio
Famosos polas súas habilidades mariñeiras e polos seus barcos oblongos, os viquingos fundaron en tres séculos asentamentos nas costas e ríos no continente europeo e fóra del: Irlanda, Normandía, as illas Shetland, as Orkney, e as Illas Feroe, Islandia, Groenlandia, Terra Nova e outras ata preto de mil. A súa influencia atinxiu ao Sur ata África do Norte; e ao Leste ata Rusia e Constantinopla, onde practicaron a pillaxe, pero onde chegaron tamén como mercadores e mercenarios. Viquingos so o mando de Leif Eriksson, herdeiro de Erik o Roxo, foron os primeiros exploradores de América do Norte, con probábeis expedicións ata o actual Canadá, no século X. As viaxes viquingas foron menos frecuentes a partir da introdución do Cristianismo en Escandinavia nos séculos X e XI. Considérase que a Era dos viquingos acabou na Batalla de Stamford Bridge en 1066.
A palabra viking (viquingo) foi introducida na lingua inglesa con connotacións románticas no século XVIII, mais os etimoloxistas datan os usos máis antigos da palabra nos escritores anglo-francos, que denominaban "víkingr" a quen vivía do saqueo e a pillaxe. Nas linguas escandinavas o termo viquingo aplícase a xente que marcha nas expedicións viquingas ben para atacar ou para comerciar.
Etimoloxía miniatura|Reconstrución dunha casa comunal da era viquinga, en Fyrkat (Dinamarca). O nome feminino en antigo nórdico víking refírese a unha expedición de ultramar. En inscricións rúnicas da era viquinga e escritos medievais posteriores encóntranse expresións como o verbo composto fara í víking, "ir nunha expedición". O nome masculino derivado en antigo nórdico víkingr aparece na poesía dos escaldos e en varias pedras rúnicas atopadas en Escandinavia, onde se refire a un mariñeiro ou guerreiro que toma parte nunha expedición de ultramar. En textos posteriores, como as sagas de islandeses, a frase "ir nun viking" implica a participación en incursións ou actividades de pirataría e non simplemente en misións marítimas de negocios e comercio.
A palabra víking deriva do feminino vík, que significa "cala, enseada, pequena baía".The Syntax of Old Norse By Jan Terje Faarlund; p 25 ISBN 0-19-927110-0; The Principles of English Etymology By Walter W. Skeat, publicado en 1892, definición de Viking: better Wiking, Icel. Viking-r, O. Icel. *Viking-r, a creek-dweller; from Icel. vik, O. Icel. *wik, a creek, bay, with suffix -uig-r, belonging to Principles of English Etymology By Walter W. Skeat; Clarendon press; Páx 479 A forma tamén se encontra como nome persoal nalgunhas pedras rúnicas suecas. Hai unha pequena indicación dalgunha connotación negativa do termo antes do final da era viquinga. A pesar destas posibles orixes, no seu tempo a palabra foi empregada para indicar unha actividade e ás persoas que participaban nela, e que non pertencían a ningún grupo étnico ou cultural.Desmond Collins, Background to Archaeology: Britain in Its European Setting, p.97, Cambridge University Press, 1973 Nas linguas escandinavas modernas, a palabra Viking adoita referirse especificamente ás persoas que participaron en expedicións viquingas.; ;
No inglés antigo, a palabra wicing aparece por primeira vez no poema anglosaxón, Widsith, que probablemente data do século IX. En inglés antigo, e na historia dos arcebispos de Hamburgo-Bremen escrita por Adam de Bremen en torno a 1070, o termo xeralmente refírese a piratas ou asaltantes escandinavos. Ao igual que nos usos do nórdico antigo, o termo non se emprega para ningún pobo ou cultura en xeral. A palabra non aparece en ningún texto conservado en inglés medio. A palabra Viking foi introducida no inglés moderno durante o rexurdimento viquingo do século XVIII, momento no que adquiriu matices heroicos de "guerreiro bárbaro" ou nobre feroz. Durante o século XX, o significado do termo ampliouse para referirse non só aos invasores mariños procedentes de Escandinavia e outros lugares ocupados por eles (como Islandia e as Illas Feroe), senón en segundo lugar a calquera membro da cultura que produciu ditos asaltantes durante o período entre finais do século VIII ata mediados do século XI, ou máis vagamente dende arredor do ano 700 ata en torno ao ano 1100. Como adxectivo, a palabra é empregada para referirse a ideas, fenómenos ou artefactos conectados con este pobo e a súa vida cultural, producindo expresións como era viquinga, cultura viquinga, arte viquingo, barco viquingo, e así sucesivamente.
Historia A Era Viquinga
miniatura|400 px|Imperio franco, reinos e tribos de Europa e Oriente Próximo, a principios do século noveno, investigación histórica a partir de 1905, "Atlas Histórico das Escolas Públicas" por Ch. Colbeck
O período dende as primeiras incursións, nos anos 790, ata a conquista normanda de Inglaterra no ano 1066 é comunmente coñecido como a Era Viquinga da historia de Escandinavia.Peter Sawyer, The Viking Expansion, The Cambridge History of Scandinavia, Issue 1 (Knut Helle, ed., 2003), p.105. Os viquingos empregaron o Mar de Noruega e o Mar Báltico para as súas rutas marítimas cara ao sur. Os normandos eran descendentes dos viquingos que recibiron un señorío feudal no norte de Francia, o Ducado de Normandía, no século X. A este respecto, os descendentes dos viquingos continuaron a ter influencia no norte de Europa. Do mesmo xeito, o Rei Harold Godwinson, o derradeiro rei anglosaxón de Inglaterra, tiña ascendentes dinamarqueses. Dous viquingos mesmo ascenderon ao trono de Inglaterra, con Sweyn Forkbeard ostentando o trono entre 1013 e 1014, e seu fillo Canuto o Grande converteuse en rei de Inglaterra entre 1016 e 1035.Lund, Niels (2001). "The Danish Empire and the End of the Viking Age", The Oxford Illustrated History of the Vikings. Ed. P. H. Sawyer. Oxford University Press, 2001, p. 167–181. ISBN 0-19-285434-8.The Royal Household, "Sweyn" , The official Website of The British Monarchy, 15 de marzo de 2015, data de acceso acceso 15 de marzo de 2015Lawson, M K (2004). "Cnut: England's Viking King 1016-35". The History Press Ltd, 2005, ISBN 978-0-582-05970-2.The Royal Household, "Canute The Great" , The official Website of The British Monarchy, 15 March 2015, accessed 15 March 2015Badsey, S. Nicolle, D, Turnbull, S (1999). "The Timechart of Military History". Worth Press Ltd, 2000, ISBN 1-903025-00-1.
Xeograficamente, a Era Viquinga pódese asignar non só ás terras escandinavas (actualmente Dinamarca, Noruega e Suecia), senón tamén a territorios baixo dominio de pobos xermánicos do norte, principalmente Danelaw, incluíndo Jórvík, o centro administrativo dos restos do Reino de Northumbria,"History of Northumbria: Viking era 866 AD–1066 AD" www.englandnortheast.co.uk. partes de Mercia, e Anglia Oriental.Toyne, Stanley Mease. The Scandinavians in history Pg.27. 1970. Os navegantes viquingos abriron rutas a novas terras ao norte, oeste e leste, que deron como resultado a fundación de asentamentos independentes nas Illas Shetland, Órcadas, e Illas Feroe; Islandia; Groenlandia;The Fate of Greenland's Vikings , by Dale Mackenzie Brown, Archaeological Institute of America, 28 February 2000 e L'Anse aux Meadows, un asentamento de curta duración en Newfoundland, circa 1000. Estas terras puideron ter sido buscadas deliberadamente, quizais sobre a base de consideracións de mariñeiros que viran terra na distancia. O asentamento de Groenlandia finalmente foi desocupado, posiblemente polo cambio climático. Unha dinastía viquinga tamén tomou o control de territorios en áreas dominadas por pobos eslavos e ugrofineses no leste de Europa, anexionando Kíiv en 882 para servir de capital ao Rus de Kíiv.Rurik Dynasty (medieval Russian rulers) Britannica Online Encyclopedia
Expansión miniatura|dereita|250px|Réplica dunha vivenda viquinga na vila de Frederikssund, Dinamarca. A feudalización da sociedade nórdica levou consigo a concentración das terras de labor debido ao sistema hereditario nórdico que as daba en herdade ao primoxénito, deixando ao resto dos irmáns sen recursos propios.
A guerra contra os pobos da Xermania, emparentados etnicamente cos escandinavos, pode tamén explicar en parte os primeiros rápidos golpes de man (strandhögg) viquingos, que tiñan por obxectivo os edificios cristiáns, especialmente igrexas e mosteiros.
Ademais dos factores antes citados, algúns dos primeiros "strandhögg" puideron ter orixe nunha resistencia á cristianización forzada, e principalmente ás persecucións de Carlomagno contra os pobos pagáns, que debían aceptar a conversión ou o masacre (cfr. Capitular De partibus Saxoniae), o que igualmente explica a preferencia por edificios cristiáns, á parte de que estes atesouraban certas riquezas (mobiliario litúrxico).
Causas das expedicións Os escritos nórdicos desta época redúcense a algúns epitafios rúnicos, a análise dos historiadores fundaméntase principalmente nos testemuños das vítimas,Boyer (2003), p. 27 e 193 frecuentemente moito tempo despois dos acontecementos, influenciados e distorcidos. A arqueoloxía, con todo, aporta aclaracións determinantes.
Pode ser contrastada con teses clásicas destacando causas demográficas, a situación interna en Escandinavia, ou unha expansión inicial baseada no comercio a unha recente tese centrada nun conflito relixioso real.
Expansión demográfica