alt=Interior do palacio de Santa Cruz, sede do Ministerio de Asuntos Exteriores do Goberno de España|miniatura|Interior do palacio de Santa Cruz, sede do Ministerio de Asuntos Exteriores do Goberno de España O Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España ou MAEC, que nos seus inicios en 1714 se chamou Primeira Secretaría de Estado e despois, a partir de 1833 recibiu o nome de Ministerio de Estado, é o órgano da Administración Xeral do Estado que ten encomendadas as seguintes funcións:

Planificar, dirixir, executar e avaliar a política exterior de España. Concertar e potenciar as relacións de España con outros estados e coas organizacións internacionais. Fomentar as relacións económicas, culturais e científicas internacionais de España. Dirixir a política de cooperación internacional para o desenvolvemento. Exercer a protección dos cidadáns españois no exterior e participar na proposta e aplicación da política de estranxería. Deseñar, coordinar e executar a política española no seo da Unión Europea.

Para cumprir con estas funcións o Ministro de Asuntos Exteriores conta co apoio dun número variable de secretarías de estado e subsecretarías, que en xaneiro de 2012 eran tres e unha, respectivamente. Ademais, dependen del os organismos autónomos da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECI) e do Instituto Cervantes.

Lista cronolóxica dos ministros de Asuntos Exteriores de España Ministros de Estado Segunda República Española (1931 - 1939) (1931 - 1931): Alejandro Lerroux García (1931 - 1933): Luis de Zulueta y Escolano (1933 - 1933): Fernando de los Ríos Urruti (1933 - 1933): Claudio Sánchez-Albornoz Menduiña (1933 - 1934): Leandro Pita Romero (1934 - 1934): Ricardo Samper Ibáñez (1934 - 1935): Juan José Rocha García (1935 - 1935): Alejandro Lerroux García (1935 - 1935): José Martínez de Velasco (1935 - 1936): Joaquín Urzáiz Cadaval (1936 - 1936): Augusto Barcia Trelles (1936 - 1936): Justino Azcárate (1936 - 1936): Augusto Barcia Trelles (1936 - 1937): Julio Álvarez del Vayo (1937 - 1938): José Giral Pereira (1938 - 1939): Julio Álvarez del Vayo (1939 - 1939): Julián Besteiro Fernández

Ministros de Asuntos Exteriores

Franquismo (1939 - 1975) (1938 - 1939): Francisco Gómez-Jordana Sousa (1939 - 1940): Juan Beigdeber Atienza (1940 - 1942): Ramón Serrano Súñer (1942 - 1944): Francisco Gómez-Jordana Sousa (1944 - 1945): José Félix de Lequerica Erquiza (1945 - 1957): Alberto Martín-Artajo Álvarez (1957 - 1969): Fernando María de Castiella Maíz (1969 - 1973): Gregorio López-Bravo de Castro (1973 - 1974): Laureano López Rodó (1974 - 1975): Pedro Cortina Mauri Transición Española (1975 - 1977) (1975 - 1976): José María de Areilza (1976 - 1977): Marcelino Oreja Aguirre - UCD Lexislatura Constituínte (1977 - 1979) (1977 - 1979): Marcelino Oreja Aguirre I Lexislatura (1979 - 1982) (1979 - 1980): Marcelino Oreja Aguirre (1980 - 1982): José Pedro Pérez-Llorca - UCD II Lexislatura (1982 - 1986) (1982 - 1985): Fernando Morán López - PSOE (1985 - 1986): Francisco Fernández Ordóñez - PSOE III Lexislatura (1986 - 1989) (1986 - 1989): Francisco Fernández Ordóñez IV Lexislatura (1989 - 1993) (1989 - 1992): Francisco Fernández Ordóñez (1992 - 1993): Javier Solana - PSOE V Lexislatura (1993 - 1996) (1993 - 1995): Javier Solana (1995 - 1996): Carlos Westendorp - PSOE VI Lexislatura (1996 - 2000) (1996 - 2000): Abel Matutes Juan - PP VII Lexislatura (2000 - 2004) (2000 - 2002): Josep Piqué - PP (2002 - 2004): Ana Palacio - PP

Ministros de Asuntos Exteriores e de Cooperación VIII Lexislatura (2004 - 2008) (2004 - 2008): Miguel Ángel Moratinos - PSOE IX Lexislatura (2008 - 2011) (2008 - 2010): Miguel Ángel Moratinos (2010 - 2011): Trinidad Jiménez - PSOE X Lexislatura (2011 - 2015) (2011 - 2015): José Manuel García-Margallo - PP XI Lexislatura (2016) (2016): José Manuel García-Margallo (en funcións) XII Lexislatura (2016 - 2019) (2016 - 2018): Alfonso Dastis - Independente

Ministros de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación

XII Lexislatura (2016 - 2019) (2018 - 2019): Josep Borrell - PSOE

XIII Lexislatura (2019) (2019): Josep Borrell (en funcións) (2019): Margarita Robles - PSOE (interina) XIV Lexislatura (2020 - ) (2020 - 2021): Arancha González Laya - Independente (2021 - ): José Manuel Albares - PSOE

Véxase tamén Ligazóns externas Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España