A provincia de Santiago foi unha das sete en que estivo dividida Galiza na Idade Moderna, ata a nova división provincial de 1833, na que pasou a ser dividida entre as novas provincias da Coruña e de Pontevedra. A súa capital era a cidade de Santiago de Compostela. No século XVIII contaba cunha extensión de 6 910 km², 101 xurisdicións, 20 coutos, 27 vilas e unha poboación de 396.312 persoas.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Provincia de Betanzos Provincia de Mondoñedo Provincia de Tui
Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Provincias históricas de Galicia