Collige, virgo, rosas é unha locución latina extraída dun verso de Ausonio ou de Virxilio que significa literalmente "Colle, rapaza, as rosas".De rosis nascentibus. Vers 49."CARPE DIEM" Y "COLLIGE, VIRGO, ROSAS" al blog de Rosa Moreno.Cf. Virgili: Apèndix virgiliana. Volum II, p. 226-228. Text revisat i traducció de Miquel Dolç, Barcelona: Fundació; Bernat Metge, 1984 (Escriptors llatins. Vol. Nr. 226). . La traducció d'en Miquel Dolç, fa: "Cull, noia, les roses mentre la flor és fresca i és fresca la teva joventut, i recorda't que talment es dona pressa la teva vida" - collige, uirgo, rosas dum flos nouus et noua pubes, et memor esto aeuum sic properare tuum. É unha incitación a aproveitar a mocidade mentres dura porque o tempo pasa e pérdese a beleza, simbolizada pola rosa. É unha variante do tópico do carpe diem, pero centrada nun aspecto concreto: a plenitude física. Tamén se relaciona co tempus fugit, xa que o tempo pasa de maneira inevitable e chega a vellez, levándose o mellor da mocidade, cousas como a beleza, que é a porta do amor, e declarando que o que fai falla facer é aproveitar o momento de máximo esplendor.El tópico Collige virgo rosas a escolares.net
Este tema foi tratado amplamente na literatura e na arte, baseándose en descricións (normalmente de mulleres) que terminan cunha incitación ao pracer. Os autores que máis o empregaron foron os poetas do renacemento e do barroco, como, por exemplo, Garcilaso de la Vega, no seu soneto XXIII.Collige, virgo, rosas a lo largo de la historia O que ps autores tentaban era volver aos modelos clásicos na lírica e, por tanto, tomaban como referencia principios latinos ou gregos (como esta frase), pero aplicadas á súa época; no renacemento facíase énfase na importancia de gozar, cunha mentalidade antropocéntrica contraposta ao teocentrismo medieval (que convidaba a esquecerse do corpo pecador) e, no barroco, en cambio, subliñábase máis o pesimismo do inevitable que é o paso do tempo.COLLIGE, VIRGO, ROSAS, "coge, doncella, las rosas". (Tópico). (I). Definición y aproximación.
Véxase tamén
Carpe diem
Referencias
Categoría:Locucións latinas Categoría:Tópicos literarios