O New York Sirens é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da área metropolitana de Nova York, Estados Unidos. É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). New York xoga os seus partidos como local no Prudential Center de Newark (Nova Jersey).

Historia O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada na área metropolitana de Nova York. O 1 de setembro a liga anunciou que Pascal Daoust, antigo director xeral dos Val-d'Or Foreurs da Quebec Maritimes Junior Hockey League, sería o director xeral do equipo. O 15 de setembro anunciouse a Howie Draper como primeiro adestrador do equipo, ausentándose do seu posto como adestrador do programa de hóckey sobre xeo da Universidade de Alberta para desempeñalo.

Identidade do equipo Coma o resto das franquías fundadoras da PWHL, Nova York operou sen unha marca propia distintiva durante a tempada inaugural da liga. O equipo empregou un modelo de camisola similar ao empregada por todos os equipos e que amosaba o nome da cidade en diagonal na parte dianteira, e era coñecido como PWHL New York. O equipo tiña a súa propia paleta de cores co turquesa, azul mariño e branco. En outubro de 2023 a liga rexistrou a marca rexistrada para o nome New York Sound. As cores e as camisolas do novo equipo reveláronse oficialmente o 14 de novembro de 2023, manténdose as cores turquesa, azul mariño e branco.

Finalmente, a franquía de Nova York foi nomeada New York Sirens cando a PWHL desvelou os nomes das franquías en setembro de 2024. O nome Sirens fai referencia ao ás vibrantes imaxes e sons de Nova York, así como unha alusión á serea de gol. The Hockey News informou de que outros nomes en disputa para New York foran Rush e Odyssey, amais do xa citado Sound e o escollido, Sirens. Ademais do nome, a liga revelou o logotipo do equipo, as iniciais NY cun deseño con moitos ángulos como representación do panorama urbano da cidade; o equipo engadiu o laranxa ás súas cores.

Pavillón Datos de asistencia Na súa primeira tempada, na que xogou no Total Mortgage Arena agás catro partidos que disputou no UBS Arena, o equipo promediou 2 496 persoas nas bancadas, o que supuxo o peor rexistro de toda a liga.

Datos de asistencia ao Prudential Center Ano Asistencia media 2024-25 2 584 2025-26 5 095

Personalidades Xogadoras Capitás miniatura|250px|Micah Zandee-Hart, capitá do equipo dende a súa creación. Antes do inicio da liga regular a franquía anunciou que a defensa canadense de 26 anos Micah Zandee-Hart sería a primeira capitá do equipo, e que Alex Carpenter e Ella Shelton serían as capitás asistentes na primeira tempada.

Capitás das New York Sirens Nome(s) Período Micah Zandee-Hart 2023-

Eleccións na primeira rolda do draft

miniatura|225px|Sarah Fillier foi a primeira xogadora que a franquía de Nova York seleccionou na primeira posición na súa historia. Dende a tempada inaugural da liga celébrase anualmente o draft, no que as franquías seleccionan seleccionan xogadoras das ligas universitarias ou estranxeiras. New York Sirens escolleu na primeira posición no draft en dúas ocasións.

Eleccións na primeira rolda do draft Ano Nome da xogadora Posto Equipo (liga) Ref 2023 Ella Shelton 4º Team Scotiabank (PWHPA) 2024 Sarah Fillier 1º Princetony (ECAC) 2025 Kristýna Kaltounková Casey O'Brien 1º3º Colgate (ECAC)Wisconsin (WCHA) 2026 Emma Peschel 7º Ohio State (NCAA)

Adestradores O 15 de setembro de 2023 anunciouse que o primeiro adestrador do PWHL New York sería Howie Draper, aínda que ao finalizar a tempada inaugural, na que o equipo finalizou na última posición da clasificación, a franquía de Nova York informou que chegara a un acordo con Draper para separar os seus camiños, e posteriormente fichou a Greg Fargo, antigo adestrador das Colgate Raiders.

Adestradores das New York Sirens Nome(s) Período Howie Draper 2023-24 Greg Fargo 2023-

Directoras xerais O 1 de setembro, poucos días despois do anuncio da creación da franquía, a liga anunciou que o antigo director xeral dos Val-d'Or Foreurs da Quebec Maritimes Junior Hockey League.

Directoras Xerais das New York Sirens Nome(s) Período Pascal Daoust 2023-

Palmarés Trofeos individuais Rookie do ano: Sarah Fillier (2024–25)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial