O McDonnell XP-67, coñecido de forma non oficial como "Bat" ou "Moonbat", foi un prototipo dun interceptor bimotor de longo alcance e un único asento para as Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos. Aínda que o deseño era conceptualmente avanzado, estivo acosado por numerosos problemas, sobre todo do motor Continental XI-1430, e nunca se achegou ao nivel de rendemento previsto. O proxecto foi cancelado despois de que o único prototipo quedase destruído tras un incendio nun motor.Mesko 2002, p. 5

Notas

Bibliografía

Mesko, Jim. FH Phantom/F2H Banshee in action. Carrollton, Texas, USA: Squadron/Signal Publications, Inc, 2002. .

Categoría:Aeronaves de McDonnell Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1944