Unidad de Vehículos Industriales S.A. (UNVI) é unha empresa galega, fabricante de autobuses e carrozarías, con sede en Ourense e fundada en 1995. Dispón ademais doutra fábrica no Porto, Portugal. Ten 325 traballadores. Máis do 80% da produción anual destinase a mercados estranxeiros, os seus buses poden verse en cidades como Roma, Berlín, Barcelona, San Petersburgo, París ou Dubai. Tamén contan cun programa de prácticas remuneradas para alumnos de formación profesional do IES Universidade Laboral de Ourense.

Notas

Categoría:Fabricantes de automóbiles de España Categoría:Empresas de transporte de Galicia