STEP 0, acrónimo de Space Test Experiment Platform 0 e tamén coñecido como a súa carga útil, TAOS (Technology for Autonomous Operational Satellite), foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 13 de marzo de 1994 a bordo dun foguete Taurus desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.
Características STEP 0 foi un satélite de demostración tecnolóxica baixo o programa STP (Space Test Program) para facer diversos experimentos no espazo. Construído co bus LEOStar, con 502 kg de masa e alimentado por dous paneis solares, levaba a bordo a carga TAOS para facer experimentos de voo autónomo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Taurus
Categoría:Satélites artificiais