Juan Bautista Barthe, nado probablemente en Guadix, Granada, ca. 1790 e finado o 4 de setembro de 1853, foi un historiador, numismático e anticuario español, membro da Real Academia da Historia.

Traxectoria

Coñécense poucos datos sobre os primeiros anos de Barthe. O seu expediente na Real Academia da Historia indica que naceu a finais do século XVIII, cara a 1790 ou algo antes, e probablemente na vila de Guadix, na provincia de Granada.Almagro Gorbea, M. "Juan Bautista Barthe". Real Academia de la Historia (RAH.es).

Do mesmo xeito, non hai dato ningún acerca da súa formación académica, aínda que no citado expediente e noutros informes da Academia se dá conta do seu interese pola numismática e pola epigrafía, xa antes de 1827.López García, A.; Reyes Martínez, A. (2018). Páxina 64.

No ámbito profesional desenvolveu varios traballos na Administración local, como funcionario das Policías de Sevilla e de Xaén, e chegou a ocupar o cargo de concelleiro en Guadix en 1829. En 1843 sábese que estaba en Madrid, desempeñando o posto de conselleiro na Deputación da capital do reino, e a partir de 1850 foi administrador principal de Correos en Toledo.

O 30 de xaneiro de 1829 foi proposto como membro correspondente da Real Academia da Historia e o 12 de febreiro de 1836 foi admitido como académico supernumerario. Na súa cerimonia de ingreso leu un discurso acerca das “causas polas que se lle deu xeralmente ao emperador Marco Aurelio o ditado de Médico”. Poucas semanas despois, o 12 de marzo do mesmo ano, a Academia nomeouno anticuario e encomendoulle a ordenación e a custodia do monetario da institución. Posteriormente, na reforma da Real Academia de 1847, cesou como académico supernumerario e pasou a ser numerario.Abascal, J. M.; Cebrián, R. (2005). Páxina 97.

Na Academia pretendeu continuar o proxecto de reunir tamén unha colección litolóxica, unha idea xa iniciada a mediados do século anterior, mais que non chegou a saír adiante.

En paralelo á colección numismática da Academia, Barthe logrou reunir unha importante colección persoal, que foi publicada en 1854 polo tamén numismático Antonio Delgado y Hernández,Delgado y Hernández, A. (atrib.). (1854). Catálogo de las monedas y medallas que pertenecieron a Don Juan Bautista Barthe. Imprenta de la calle San Vicente, Madrid. amigo del, o seu testamenteiro e o seu sucesor cando cesou como anticuario da Academia, ao se ver obrigado a abandonar Madrid polo seu destino en Toledo. Barthe deixou en herdanza a súa colección persoal á Real Academia da Historia.

Nos traballos e informes que elaborou para a Academia amosou igualmente interese por outros temas, como a relixión e mitoloxía romanas e a relixión e mitoloxía do Antigo Exipto, e tamén sobre a conservación de monumentos, edificios e obxectos artísticos antigos,Abascal, J. M.; Cebrián, R. (2005). Páxina 98. sinaladamente naqueles momentos posteriores á desamortización de Mendizábal.

Juan Bautista Barthe finou o 4 de setembro de 1853. Aínda que se descoñece o lugar do falecemento, suponse que debeu ser a cidade de Toledo, na que se instalou en 1850 para asumir o cargo de administrador principal de Correos, que foi o seu derradeiro destino coñecido.

Publicacións

(1841). Medallas de proclamación de S.M. la Reina Doña Isabel II. Fuentenebro, Madrid. (1843). Colección de documentos para la historia monetaria de España. De la Peña, Madrid.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Abascal, J. M.; Cebrián, R. (). "Barthe, Juan Bautista". En Manuscritos sobre antigüedades de la Real Academia de la Historia. Real Academia de la Historia. Páxnas 97-98. ISBN 9788495983732 Almagro Gorbea, A. (1999). El Gabinete de Antiguedades de la Real Academia de la Historia. Real Academia de la Historia, Madrid. Páxinas 138-139. ISBN 84-89512-47-7 Delgado y Hernández, A. (atrib.) (1854). Catálogo de las monedas y medallas que pertenecieron a Don Juan Bautista Barthe. Imprenta de la calle San Vicente, Madrid. López García, A.; Reyes Martínez, A. (2018). "Apuntes para una historiografía de la arqueología en la ciudad de Guadix (Granada). Entre los mitos y la realidad". En España-Chamorro, S. et al (eds.) Colecciones, arqueólogos, instituciones y yacimientos en la España de los siglos XVIII al XX. Archaeopress. ISBN 9781784918644 Reyes Martínez, A. (2016). "Barthe, un accitano en la Real Academia de la Historia". En Ideal, 30 de abril.

Categoría:Nados en Guadix Categoría:Nados en 1790 Categoría:Finados en 1853 Categoría:Historiadores de España Categoría:Numismáticos de España Categoría:Coleccionistas Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Personalidades sen imaxes