alt=Gottlob Frege (1848-1925), un dos pioneiros da filosofía analítica.|miniatura|Gottlob Frege (1848-1925), un dos pioneiros da filosofía analítica A filosofía analítica é un amplo movemento ou tradición filosófica enfocada na análise, que dominou a filosofía occidental durante a segunda metade do século XX, en especial no mundo anglófono. Esta proliferación da análise en filosofía produciuse a comezos de século en Alemaña, Austria, o Reino Unido, os Estados Unidos, Canadá, Australia, Nova Zelandia e os países escandinavos.

Adoita contrapoñerse á filosofía continental, un termo xenérico cuñado para abranguer unha gran cantidade de metodoloxías diferentes, moi empregadas na Europa continental, entre as que destacan o existencialismo, a fenomenoloxía ou o estruturalismo. Deste xeito, a dicotomía entre filosofía analítica e continental mestura consideracións estritamente metodolóxicas con categorías xeográficas.

A filosofía analítica caracterízase pola claridade da escrita e o rigor da argumentación, empregando ferramentas das matemáticas e da lóxica formal, así como das ciencias naturais, aínda que en menor medida. Foi influenciada polo chamado xiro lingüístico, en especial pola noción de que o pensamento só pode determinarse con precisión apelando á linguaxe, a través do significado, a análise e a lóxica formal. Como tal, a filosofía analítica está na orixe de diversas ramas da filosofía, como a filosofía da linguaxe, a moderna lóxica de predicados, a filosofía das matemáticas e a lóxica matemática, así como a filosofía da ciencia.

Xa que logo, o concepto de filosofía analítica é difícil de definir con precisión, apelando tanto a unha metodoloxía como a un estilo de pensamento e escrita: alt=Retrato da filósofa analítica Elizabeth Anscombe (1919-2001)|esquerda|miniatura|Retrato da filósofa analítica Elizabeth Anscombe (1919-2001)

Entre as figuras máis salientables no desenvolvemento da filosofía analítica, destacan Gottlob Frege, Bertrand Russell, G. E. Moore e Ludwig Wittgenstein. Tamén cabe mencionar a Franz Brentano, os positivistas lóxicos (sobre todo, Rudolf Carnap), W. V. O. Quine, Ruth Barcan Marcus, Karl Popper ou os filósofos da linguaxe ordinaria (como Gilbert Ryle ou J. L. Austin).

Tras o declive do positivismo lóxico, pensadores coma Saul Kripke ou David Lewis promoveron un rexurdimento da metafísica no contexto analítico. Así mesmo, revitalizáronse as aproximacións á filosofía da relixión, como a de Alvin Plantinga ou o neotomismo de autores coma Elizabeth Anscombe.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Filosofía analítica