José Ángel Gómez Iglesias, coñecido artisticamente como Defreds, nado en Vigo en 1984, é un escritor galego de libros de xénero híbrido, que ten vendido centos de milleiros de exemplares, principalmente en España e Latinoamérica.

Traxectoria En 2011 Iglesias abriu conta en Twitter co pseudónimo “Defreds” e alí comezou a escribir pequenas frases e relatos. A finais de 2014 a editorial Frida Ediciones (agora, Mueve tu lengua) contactouno para ofrecerlle a posibilidade de editar un primeiro libro. En 2021 ese primeiro libro vendeu máis de 150 000 exemplares. Adoita publicar máis dun libro por ano e realizou xiras e sinaturas por librarías e feiras do libro por toda España.

En 2017 asinou coa Editorial Planeta, en concreto co selo Espasa, editorial coa que publica desde aquela.

Promocinalmente estivo na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara en México, en Londres, en Quito ou Guayaquil, entre outras cidades. En 2021, en colaboración con IKEA a través da campaña ArrimarElHombro, conseguiu financiar a obra de reforma das instalacións de Alento e Discamino, asociación de dano cerebral.

Estilo Os seus textos breves, fundamentalmente de temática amorosa, móvense entre a poesía e a narrativa breve, con ausencia de rima e ritmo. O seu estilo directo e emocional soubo captar a atención dunha gran masa de persoas lectoras en América e España.

Obra Casi sin querer (Mueve tu Lengua, 2015). Cuando abras el paracaídas (Mueve tu Lengua, 2016). 1775 calles (Mueve tu Lengua, 2017). Historias de un náufrago hipocondríaco (Espasa, 2017). Con un Cassette y un boli Bic (Espasa, 2018). Sempiterno (Espasa, 2018). En tapa dura e ilustrado por Naranjalidad. Recordar contraseña (Espasa, 2019). Incondicional (Espasa, 2019). En tapa dura e ilustrado por Nani Serrano. Ya no quedan ciudades (Espasa, 2020) Ojalá (Espasa, 2022). En tapa dura e ilustrado por Lady Desidia. Siempre (Espasa, 2023). En tapa dura e ilustrado por Lady Desidia.

Distincións

Top máis vendidos cos seus catro primeiros libros simultaneamente en (2017) en La Casa del Libro. Top máis vendidos con catro dos seus libros en 2020 segundo a consultora GFK. Notas

Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1984 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá