alt=Estatua camboxana dun garuḍa de estilo Koh Ker (século X)|miniatura|Estatua camboxana dun garuḍa de estilo Koh Ker (século X) O Supaṇṇa saṃyutta ou Discursos sobre os garuḍas é un texto budista do canon pali. Trátase do trixésimo saṃyutta do Saṃyutta nikāya, e forma parte do Khandha vagga. O seu contido refírese aos garuḍas, unhas deidades con forma de paxaro da mitoloxía budista.
Estrutura
Situación no canon pali O Supaṇṇa saṃyutta forma parte do Khandha vagga, a terceira sección do Saṃyutta nikāya ou Volume dos discursos ligados. Este, á súa vez, é o terceiro dos cinco nikāyas do Sutta piṭaka ("Cesto dos suttas"), o segundo conxunto de textos do canon pali.
En concreto, o Supaṇṇa saṃyutta atópase entre o Nāga saṃyutta (Discursos sobre os nāgas) e o Gandhabbakāya saṃyutta (Discursos sobre os gandhabbas).
Composición O libro está composto dun total de corenta e seis suttas. Os suttas do 4 ao 6, do 7 ao 17 e do 17 ao 46 están abreviados nun único discurso. Os seus títulos son os seguintes:
+NumeraciónTítulo1Suddhika sutta2Haranti sutta3Dvayakārī sutta4-6Dutiyādidvayakārīsuttattika 7-16Aṇḍajadānūpakārasuttadasaka 17-46Jalābujadānūpakārasuttattiṃsaka
Contidos
Resumo O Supaṇṇa saṃyutta ofrece unha descrición da natureza dos garuḍas, un tipo de deidade aviaria da mitoloxía budista. Na obra, o Buda explica o nacemento destas criaturas e a súa xerarquía, así como as razóns polas que un pode reencarnarse nelas.
Nacemento dos garuḍas Segundo o texto, os garuḍas nacen de catro maneiras posibles: a partir de ovos, dun útero, da humidade, ou por xeración espontánea.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Supaṇṇa Saṃyutta(Sutta Central)
Categoría:Canon pali Categoría:Budismo