Khem Xavier Birch, nado o 28 de setembro de 1992 en Montreal, Quebec, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga no Bàsquet Girona da Liga ACB. Mide 2,03 metros de altura, e xoga na posición de pivote.
Traxectoria profesional Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2014, Birch asinou cos Miami Heat o 14 de setembro de 2014,HEAT Signs Khem Birch. pero o 25 de outubro os Heat rescindiron o contrato de Birch antes do comezo da tempada.HEAT Waive Birch, Drew, Johnson and Jones.
O 27 de xullo de 2017, Birch asinou cos Orlando Magic. O 10 de xullo de 2019, Birch asinou un novo contrato de dous anos cos Magic. O 8 de abril de 2021, os Magic cortaron a Birch.
O 10 de abril de 2021, Birch asinou cos Toronto Raptors ata o remate da tempada. Debutou cos Raptors o día seguinte, na derrota dos Raptors por 102-96 contra os New York Knicks. O 6 de agosto de 2021, asinou un novo contrato de tres anos cos Raptors.
O 9 de febreiro de 2023, os Raptors traspasaron a Birch xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2024 e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós San Antonio Spurs, a cambio de Jakob Pöltl. Os Spurs cortaron a Birch pouco antes do comezo da tempada, sen chegar a debutar co equipo.
O 5 de febreiro de 2024, Birch asinou ata final de tempada co Bàsquet Girona da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Montreal Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores do Uşak Sportif Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores do Bàsquet Girona