Marc Trilles Gil, nado en Vilafamés (Castelló), o 8 de agosto de 1991, é un futbolista español que xoga como defensa central no Tarazona, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no Vall d'Alba, antes de ingresar en 2005 na canteira do Castellón. Despois de pasar polas categorías inferiores e polo filial, debutou co primeiro equipo en 2010, na Segunda División, co equipo xa matematicamente descendido. Viviu os peores anos da historia do club, que foi descendido administrativo a Terceira e estivo a piques de desaparecer. Xogou no equipo orellut ata 2014, cando un enfrontamento co presidente David Cruz provocou que o seu contrato non fose renovado a pesar de ser un símbolo para os seareiros do club.
Aínda que pensou en deixar o fútbol, acabou fichando polo Borriol, de Preferente, onde xogou durante un ano, antes de militar durante dúas campañas no Atlético Saguntino, gañando un ascenso a Segunda B e unha Copa Federación. Entre 2017 e 2020 xogou co Lleida en Segunda B, pasando a continuación outros tres anos no Gimnàstic de Tarragona, antes de fichar en 2023 polo Tarazona.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente .
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Vilafamés Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Castellón Categoría:Xogadores do Lleida Esportiu Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores da SD Tarazona