alt=Representación dun nāga nun templo de Phnom Penh (Camboxa)|miniatura|Representación dun nāga nun templo de Phnom Penh (Camboxa) O Nāga saṃyutta ou Discursos sobre os nāgas é un texto budista do canon pali. Trátase do vixésimo noveno saṃyutta do Saṃyutta nikāya, e forma parte do Khandha vagga. O seu contido refírese aos nāgas, unhas deidades con forma de serpe da mitoloxía budista.

Estrutura

Situación no canon pali O Nāga saṃyutta forma parte do Khandha vagga, a terceira sección do Saṃyutta nikāya ou Volume dos discursos ligados. Este, á súa vez, é o terceiro dos cinco nikāyas do Sutta piṭaka ("Cesto dos suttas"), o segundo conxunto de textos do canon pali.

En concreto, o Nāga saṃyutta atópase entre o Sāriputta saṃyutta (Discursos sobre Sāriputta) e o Supaṇṇa saṃyutta (Discursos sobre os garuḍa).

Composición O libro está composto dun total de cincuenta suttas. Os suttas do once ao vinte, e do vinte e un ao cincuenta están abreviados nun único discurso. Os seus títulos son os seguintes: NumeraciónTítulos1Suddhika sutta2Paṇītatara sutta3Uposatha sutta4Dutiyauposatha sutta5Tatiyauposatha sutta6Catutthauposatha sutta7Suta sutta8Dutiyasuta sutta9Tatiyasuta sutta10Catutthasuta sutta11-20Aṇḍajadānūpakārasuttadasaka 21-50Jalābujādidānūpakārasuttattiṃsaka Contidos

Resumo O Nāga saṃyutta ofrece unha descrición da natureza dos nāgas, un tipo de deidade serpentina da mitoloxía budista. Na obra, o buda explica o nacemento destas criaturas e a súa xerarquía, así como as razóns polas que un pode reencarnarse nelas.

Nacemento dos nāgas Segundo o texto, os nāgas nacen de catro maneiras posibles: a partir de ovos, dun útero, da humidade, ou por xeración espontánea. Isto permite clasificalos en catro ordes, da máis limitada (nados a partir de ovos) á máis libre (nados por xeración espontánea). Estes últimos son descritos coma felices, fermosos e de longa vida.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Nāga Saṃyutta (Sutta Central)

Categoría:Budismo Categoría:Canon pali