Mickey Mouse Clubhouse é unha serie de televisión estadounidense de animación para nenos. Producida por Disney Television Animation, a serie foi creada polo veterano de Disney Bobs Gannaway. Os seus 125 emitíronse orixinalmente dende o 5 de maio de 2006 até o 6 de novembro de 2016 a través de Disney Channel, no espazo infantil Playhouse Disney (posteriormente Disney Junior), converténdose na serie orixinal de máis longa duración que se emitiu no bloque. Recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica.

O 18 de agosto de 2023, revelouse que se estaba a producir un "revival", e ten previsto a estrea en 2025.

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2006 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2016 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América