Soiuz MS-05 foi unha misión espacial tripulada de Rusia lanzada o 28 de xullo de 2017 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soiuz MS-05, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Riazanski, Randy Bresnik e Paolo Nespoli a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seis horas despois do seu lanzamento, coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 52, Fiodor Iurchikhin, Peggy Whitson e Jack Fischer, e comezando a Expedición 53. Durante a misión, Riazanski levou a cabo xunto con Iurchikhin o 43 paseo espacial desde o segmento ruso da ISS, no cal os cosmonautas soltaron varios nanosatélites e instalaron diverso equipo científico. Despois de 139 días de misión, os membros da Soiuz MS-05 cederon o mando da estación aos membros da Expedición 54, chegada a bordo da Soiuz MS-06 (Alexander Misurkin, Mark T. Vande Hei e Joseph Acaba). A Soiuz MS-05 desacoplouse do módulo MIM-1 ás 5:14 GMT do 14 de decembro, tocando terra ás 8:37.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz FG Estación Espacial Internacional
Categoría:Programa Soiuz