Luis Villaverde Lapido, nado en Padrón cara a 1916 e finado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1937, foi un político galego.
Traxectoria Xornaleiro veciño de Luáns. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela por rebelión militar na causa 361/36 con Salvador Dopazo Lapido, Rogelio Riveiro Aboy, Vicente Fuentes, Manuel Hermida Pintor, Ricardo Lorenzo Seoane, José Montes e 15 máis, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado en Compostela o 30 de xuño de 1937 con Rogelio Riveiro Aboy, Vicente Fuentes, José Montes e Manuel Hermida Pintor.El Eco de Santiago, 30-6-1937, p. 3. Notas
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1937