Manuel Riobóo Rodríguez, coñecido como Barbeiro de Cortiñán, nado en Cortiñán (Bergondo) e finado en 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Enlace da guerrilla, foi detido logo da deserción de Claudio Díaz Milia en xullo de 1946. Xulgado en consello de guerra na Coruña o 30 de setembro de 1946 xunto cos médicos Fernando José e Augustin Chacartegui Barbier e 19 persoas máis na causa 336/46, foi acusado de subministrar alimentos e prestar servizos como barbeiro aos guerrilleiros.La Voz de Galicia, 1-10-1946, p. 7. Foi condenado a seis meses e un día de prisión por "auxilio a elementos huídos". Ao saír en liberdade integóuse na guerrilla. Por orde de Emilio Pérez Vilariño, foi o autor da morte de Ángel Pato Fidalgo o 13 de agosto de 1947. Ía formar parte do grupo de Foucellas que se trasladou a Pontevedra para reforzar a guerrilla, pero estaba doente. Finou de enfermidade en 1948 nun punto de apoio.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Finados en 1948