Feeble Little Horse (estilizado en minúsculas) é unha banda estadounidense de indie rock formada en Pittsburgh, Pennsilvania, en 2021. No presente o grupo está fichada polo selo Saddle Creek Records.

Historia Feeble Little Horse foi formada a principios do ano 2021 polos guitarristas Sebastian Kinsler e Ryan Walchonski, que tocaran anteriormente xuntos nun grupo de garage rock de curta vida. O dúo contou coa axuda do batería Jake Kelley para lanzar o seu traballo de estrea. O primeiro EP da banda, modern tourism, lanzouse en maio de 2021. O grupo ampliouse para incluír á cantante e baixista Lydia Slocum, e feeble little horse publicou o seu álbum de estrea, Hayday, a través do selo de Filadelfia Julia's War Recordings en outubro de 2021.

O grupo fichoiu por Saddle Creek Records en outubro de 2022, e reeditou Hayday tranto a trvés deste selo como da etiqueta Unstable Collective, aumentando a lista de cancións para incluír o tema "Dog Song 2" e unha remestura de "Termites" realizada polo grupo de shoegaze de Filadelfia Full Body 2. O segundo sinxelo do álbum, "Chores", foi loubado por The New York Times e Pitchfork tras o seu lanzamento.

O 27 de febreiro de 2023, feeble little horse anunciou o seu segundo álbum con Saddle Creek, Girl with Fish, e publicou o seu primeiro sinxelo, "Tin Man". Este primeiro sinxelo foi seguido por un segundo tema, "Steamroller", o 4 de abril, e un terceiro, "Pocket", o 10 de maio. O disco editouse o 9 de xuño de 2023.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo modern tourism 2021 autoeditado Hayday 2021 Julia's War Recordings Girl with Fish 2023 Saddle Creek Recordsbitknot2026Saddle Creek Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda Bandcamp

Categoría:Grupos musicais de Pensilvania Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais formados en 2021