Leslie Feist, nada o 13 de febreiro de 1976 e coñecida como Feist, é unha cantautora e guitarrista de indie pop canadense, actuando tanto como artista en solitario como parte do grupo de indie rock Broken Social Scene.

Feist iniciou a súa carreira en solitario e 1999 co lanzamento de Monarch. Os seus seguintes álbums de estudio, Let It Die, editado en 2004, e The Reminder, en 2007, foron aclamados pola crítica e tiveron un grande éxito comercial, vendendo máis de 2,5 millóns de copias. The Reminder foi nomeado a catro premios Grammy, incluído o premio ao mellor artista novo. Feist gañou 11 Juno Awards, incluídos 2 a artista do ano. O seu cuarto álbum de estudio, Metals, foi editado en 2011. En 2012 Feist colaborou un EP compartido co grupo de metal Mastodon, lanzando un video musical interactivo no proceso.

O seu quinto traballo, Pleasure, apareceu no ano 2017 a través de Universal Music Group, e o seu último traballo ata a data, Multitudes, foi editado en abril de 2023.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Nova Escocia Categoría:Nados en 1976 Categoría:Vocalistas Categoría:Guitarristas