José María Barreiro Gómez, nado en Forcarei en 1940,Curriculum en | José María Barreiro é un pintor galego recoñecido como un continuador da renovación do vangardismo histórico. A súa obra caracterízase pola súa paleta cromática de cores cálidas e a súa interpretación libre do expresionismo, con influencias matissianas."Barreiro. O silencio que chove luz na xanela" - Cidade da Cultura

Traxectoria Dende nova idade mostrou unha inclinación cara á arte e a súa traxectoria artística esténdese por máis de seis décadas, tempo no que viaxou e traballou en lugares como Madrid, París, Buenos Aires, e varios sitios de Galiza, entre eles Santa María de Cela e Vigo.

O traballo de Barreiro está influenciado pola gran tradición da pintura da École de Paris. As súas obras son coñecidas pola fusión de diacronía e sincronía, reflectindo as transformacións na súa arte ao longo do tempo.

Dende os anos setenta, o seu proxecto pictórico incorpora temas variados, desde recordos até representacións de músicos e a súa icona máis destacada, a xanela, que simboliza a conexión entre o interior e o exterior e serve como unha identidade poética nas súas composicións.

A súa amizade con figuras culturais galegas, como os pintores Laxeiro e Urbano Lugrís González e o poeta Carlos Oroza, tamén influíu na súa obra, como se evidencia nas colaboracións pictóricas e textos integrados nas súas exposicións.

Exposicións Unha exposición da súa obra titulada "Barreiro. O silencio que chove luz na xanela" (un verso que lle adicou Urbano Lugrís) inaugurouse en decembro de 2023 no Museo Centro Gaiás, comisariada por Pilar Corredoira e Xosé Antón Castro. A mostra abrangue unha selección de pinturas e debuxos, esculturas e documentos que ilustran a súa vida e círculo de amizades, e inclúen parte da obra producida durante a pandemia de Covid-19.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Os renovadores Vangardas

Categoría:Pintores de Galicia do século XX

Categoría:Nados en Forcarei

Categoría:Nados en 1940