Lois o Xermánico, nado c. 806/810 e finado o 28 de agosto de 876, tamén coñecido como Lois II (de Alemaña), foi o primeiro rei de Francia Oriental (actual Alemaña) e gobernou dende o 843 até a súa morte. Neto do emperador Carlomagno, era o terceiro fillo de Lois o Piadoso (Ludovico Pío), emperador de occidente, e a súa primeira esposa, Ermengarda de Hesbaye. Recibiu o sobrenome Germanicus varios anos despois da súa morte, cando Francia Oriental comezou a ser coñecido como reino de Xermania.A expresión latina Regnum Teutonicum corresponde ao alemán deutsches Reich en tradución literal. Porén, no uso común alemán, o termo deutsches Reich está reservado para o estado nacional alemán de 1871-1945, véxase: Matthias Springer, "Italia docet: Bemerkungen zu den Wörtern francus, theodiscus und teutonicus" en: Dieter Hägermann, Wolfgang Haubrichs, Jörg Jarnut (eds.), Akkulturation: Probleme einer germanisch-romanischen Kultursynthese in Spätantike und frühem Mittelalter, Walter de Gruyter (2013), 68-98 ((73ss).
Despois de numerosos enfrontamentos co seu pai e irmáns, Lois recibiu o reino de Francia Oriental en 843 coa firma do Tratado de Verdún. Os seus intentos por conquistar o reino de Francia Occidental do seu irmán Carlos o Calvo en 858-59 foron infrutuosos. Os anos 860 estiveron marcados por unha profunda crise, con rebelións dos seus fillos en Francia Oriental, así como loitas para manter a supremacía no reino. Polo Tratado de Meerssen adquiriu Lotarinxia para Francia Oriental en 870. Porén, fracasou nos seus intentos por facerse co título de emperador e de conquistar Italia. No leste, Lois conseguiu unha paz duradeira cos moravos en 874 tras décadas de conflito.
Gobernante competente e enérxico, fortaleceu a autoridade real nas súas terras e fomentou o desenvolvemento da literatura vernácula, anticipando o goberno de Odón.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Reis de Baviera Categoría:Nados en 806 Categoría:Finados en 876