miniatura|Jonathan Glazer, director de The Zone of Interest, filme gañador desta edición. Esta é unha lista dos filmes propostos na 96ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados. A categoría foi anteriormente chamada mellor filme en lingua non inglesa, mais foi cambiado en abril de 2019 a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada.

Na 96ª edición dos Óscar, os filmes candidatos tiveron que estrearse nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de decembro de 2022 e o 31 de outubro de 2023. A data límite para presentar as propostas foi o 2 de outubro de 2023, e 88 países presentaron un filme. Namibia presentou un filme por vez primeira, e Burkina Faso volveu presentar un filme dende o ano 1989. The Zone of Interest de Jonathan Glazer gañou o premio para o Reino Unido.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado AlexanderAlbanés e inglés Ardit SadikuDas LehrerzimmerAlemán, inglés e polacoİlker ÇatakAlhamour H.A.ÁrabeAbdulelah Alqurashi AmerikatsiArmenio, inglés e ruso Michael A. Goorjian Los delincuentes Castelán Rodrigo Moreno ShaydaPersa e inglés Noora Niasari VeraItalianoTizza Covi e Rainer Frimmel Payer Tolay Mati NaiBengalí Mohammad Rabby Mridha AugureFrancés, suahili e lingalaBaloji El visitante Castelán Martín Boulocq EkskurzijaBosníaco Una GunjakRetratos FantasmasPortuguésKleber Mendonça Filho Urotsite na BlagaBúlgaro Stephan Komandarev Sira Francés e fulaApolline Traoré The Monk and the GunDzongkha e inglés Pawo Choyning Dorji Half Heaven Pidgin camerunésEnah Johnscott RojekKurdo, inglés, árabe, francés e alemán Zaynê AkyolBratřiChecoTomáš MašínLos colonos Castelán e inglésFelipe Gálvez HaberleLiú Làng Dì Qiú ÈrMandarínFrant Gwo Un varón CastelánFabián Hernández AlvaradoKonkeuliteu YutopiaCoreanoUm Tae-hwaTengo sueños eléctricos CastelánValentina MaurelTragoviCroataDubravka TuricEl mundo de NelsitoCastelánFernando PérezBastardenDinamarquésNikolaj Arcel CuarencenaCastelánDavid MalerSvetloplachosťUcraíno e ruso Ivan Ostrochovský e Pavol PekarčíkJezdecaEsloveno Dominik MencejLa sociedad de la nieveCastelánJ. A. BayonaSavvusanna sõsaradEstoniano, seto e võroAnna Hints Voy! Voy! Voy! ÁrabeOmar HilalIti MapukpukawIlocano e filipinoCarl Joseph PapaKuolleet lehdetFinésAki Kaurismäki La Passion de Dodin BouffantFrancésTrần Anh Hùng Píso apó tis thimoniésGregoAsimina ProedrouDēng huǒ lán shānCantonésAnastasia TsangKojot négy lelkeHúngaro e inglésÁron Gauder al-MurhiqūnÁrabeAmr Gamal2018 – Everyone Is a HeroMalaialaJude Anthany Joseph AutobiographyIndonesioMakbul MubarakNegahban-e Shab PersaReza MirkarimiJanain mualaqa ÁrabeAhmed Yassin Al Daradji In the Shadow of Beirut ÁrabeStephen Gerard Kelly e Garry KeaneVolaða landDinamarqués e islandésHlynur Pálmason Sheva BrachotHebreo, árabe e francésAyelet Menahemi Io capitanoWólof e francésMatteo Garrone MveraSuahiliDaudi AngukaEsimde KirguizAktan AbdykalykovMana BrīvībaLetónIlze Kunga-MelgaileTu man nieko neprimeniLituano e inglés Marija KavtaradzėLäif a SéilLuxemburguésLoïc TansonDomaḱinstvo za početniciMacedonio, romaní e albanés Goran Stolevski Tiger StripesMalaioAmanda Nell EuKadib AbyadÁrabeAsmae El Moudir TótemCastelánLila Avilés TuneteRomanés Ioane BobeicaSèr sèr salkhiMongolLkhagvadulam Purev-OchirSirinSerbocroata Senad ŠahmanovićUnder the Hanging Tree Afrikaans, alemán e inglésPerivi KatjaviviHalkaraNepalés Bikram SapkotaMami WataPidgin e fon C. J. ObasiFedrelandet Noruegués Margreth OlinSweet DreamsNeerlandés e indonesio Ena SendijarevićBāy Bāy ṬabariyyaFrancés e árabeLina SoualemTito, Margot y yoCastelán e inglés Mercedes Arias e Delfina VidalIn Flames Urdú Zarrar KahnLeal 2, Comando Yaguareté Castelán Armando Aquino e Mauricio RialLa erección de Toribio Bardelli CastelánAdrián SabaChłopiPolacoDK Welchman e Hugh WelchmanMal ViverPortuguésJoão Canijo The Zone of Interest Alemán e polacoJonathan Glazer Nu aștepta prea mult de la sfârșitul lumiiRomanés Radu JudeBanel et Adama Pular e francésRamata-Toulaye Sy Što se bore misli mojeSerbio Milorad MilinkovićRán dōngMandarín e coreanoAnthony ChenWadāʻan JūlyāÁrabeMohamed Kordofani Motståndaren Sueco e persaMilad Alami Foudre FrancésCarmen Jaquier Music Is My Life – Dr. Joseph Shabalala and Ladysmith Black Mambazo Inglés e zulúMpumi MbelePhuean(mai)sanitTailandésAtta Hemwadee Guānyú wǒ hé guǐ biànchéng jiārén dì nà jiàn shì Mandarín e hokkien Cheng Wei-hao Melodiya Persa Behrouz Sebt Rasoul Banāt Olfa Árabe Kaouther Ben Hania Kuru Otlar ÜstüneTurco Nuri Bilge Ceylan20 dniv u MariupoliUcraíno e inglésMstyslav Chernov Temas propios CastelánGuillermo Rocamora La sombra del sol Castelán e lingua de sinais venezonalaMiguel Ángel Ferrer Tro tàn rực rỡ Vietnamita Bùi Thạc Chuyên Perfect DaysXaponésWim WendersMokalake ts’mindaniXeorxianoTinatin KajrishviliInshallah waladÁrabeAmjad Al-Rasheed

Cambios e outras situacións Informouse que o candidato de Cuba era O mundo de Nelsito de Fernando Pérez. En outubro de 2023 o filme foi incluído xunto cos outros 88 filmes na listaxe do comité de selección, mais foi declarado inelixíbel e non aparecía na listaxe oficial de decembro de 2023. Hong Kong seleccionou Dēng huǒ lán shān de Anastasia Tsang, mais foi descualificado pola Academia. Un dos trece membros do comité de selección de Hong Kong actuaba no filme, o que a Academia considerou un conflito de intereses. Hong Kong declinou a invitación a escoller outro filme. A Fundación do Cinema Faradi, controlada polo goberno de Irán, seleccionou Negahban-e Shab de Reza Mirkarimi. A escolla foi criticada pola disidente Asociación de Cineastas Iranianos Independentes, que pediu á Academia que considerase un filme alternativo. Nunha nota de prensa afirmaron: "Durante o pasado ano, os cineastas iranianos foron encarcerados, interrogados e intimidados, e Farabi é unha peza clave na implementación desta severa represión". Sinalaban que Negahban-e Shab non reflectía o traballo dese ano dos cineastas de Irán, que estaban a traballar de xeito independente do goberno ou no exilio. O comité de selección de Kazakhstán anunciou que recibira catro propostas e estaba a considerar dúas: Ademoka's Education de Adilkhan Yerzhanov e Bauryna Salu de Askhat Kuchinchirekov. A primeira recibiu dous votos e a segunda un, mentres que catro membros do comité se abstiveron e o comité decidiu non enviar ningún dos filmes. Kirguizistán escolleu Esimde de Aktan Abdykalykov, mais non foi incluído na listaxe oficial porque foi estreado no país o 18 de novembro de 2022, dúas semanas antes da data posíbel. Kirguizistán declinou a invitación de enviar outro filme, sinalando que as datas de estrea para a selección non se coñecía previamente e polo tanto era imposíbel planear con anterioridade a estrea para a cualificación. O Centro de Cinematografía de Kosovo anunciou o 27 de setembro de 2023 que o comité de selección decidira por unanimidade non enviar fimle ningún a pesar de recibir catro propostas: Actors of Cannes de Mentor Spahiu, The Albanian Virgin de Bujar Alimani, I Love You More de Erblin Nushi, e The Land Within de Fisnik Maxville. Nunha nota, Maxville dixo que a decisión de non enviar ningún filme "fere o gromo da industria do cinema do noso novo país. É bastante difícil de entender como Kosovo investiu en filmes diferentes... e entón rexeita o investimento de enviar algún —calquera— para mostrar o vibrante novo cinema de Kosovo nos Óscar". Supón a primeira vez que o país non participou desde que comezou a enviar filmes en 2014. Os medios estatais de Rusia informaron de que o comité nacional de selección dos Óscar suspendera a súa actividade e non enviaría ningún filme. Un antigo membro do comité dixo que escoller un filme parecería "extremadamente inapropiado" polas sancións internacionais sobre Rusia pola invasión de Ucraína. Rusia xa indicara razóns similares para non enviar un filme o ano anterior. A proposta de Taxiquistán, Melodiya de Behrouz Sebt Rasoul, non aparecía na listaxe oficial. Non foi incluída porque o comité do país non fora aprobado previamente pola Academia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial dos Premios da Academia

96 Categoría:Cinema en 2023