Electrelane foi unha banda inglesa de indie rock formada en Brighton en 1998 por Verity Susman e Emma Gaze. O grupo estaba composto por Susman, Gaze, Mia Clarke, e Ros Murray. A súa música tiña unha ampla gama de influencias como Neu!, Stereolab, Sonic Youth, e The Velvet Underground. Aínda que os membros da banda tiñan unhas fortes posturas feministas e políticas nas súas vidas persoais, xeralmente preferían non comunicar iso directamente aos seus fans ou a través da súa música; unha excepción foi a súa inclusión na canción protesta "The Partisan", unha versión de Leonard Cohen que comezaron a tocar de xira polos Estados Unidos nos meses anteriores ás eleccións presidenciais de 2004. A banda ao vivo tiña a reputación de centrase na súa música cunha mínima interacción co público e raramente tocaba máis dun bis.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Rock It to the Moon 2001 Let's Rock!/Mr. Lady Records The Power Out 2004 Beggars Banquet Records Axes 2005 Too Pure No Shouts, No Calls 2007 Too Pure

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Brighton‎ Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais formados en 1998