O Grupo Memphis, tamén coñecido como Memphis Milano, foi un grupo italiano de deseño e arquitectura fundado por Ettore Sottsass. Estivo activo desde 1980 ata 1987. O grupo deseñou mobles posmodernos, iluminación, tecidos, alfombras, cerámica, vidro e obxectos metálicos.
O traballo do Grupo Memphis adoita incorporar materiais plásticos laminados e terrazo e caracterizouse por un deseño efémero con decoración colorida e abstracta, así como formas asimétricas, ás veces aludindo arbitrariamente a estilos e deseños exóticos ou anteriores.
Historia esquerda|miniatura|200x200px|Vista dunha parte dunha colección de deseño Memphis-Milano. Memphis naceu na noite do 11 de decembro de 1980, cando Sottsass convidou a un grupo de mozos deseñadores e arquitectos para discutir o futuro do deseño. Xuntos, querían cambiar o concepto no que se centrara o deseño, que fora o Modernismo e pretendían facelo creando e formando un novo colectivo de deseño. Despois da súa primeira reunión, o grupo marchou a facer unha chuvia de ideas e conceptos e, tres meses despois, volveu reunirse dispostos a compartir máis de cen debuxos que elaboraran durante ese tempo.miniatura|Ettore Sottsass e Fernanda Pivano na súa casa en Milán (1969)O nome de "Memphis" xurdiu durante o seu primeiro encontro cando o disco de Bob Dylan " Stuck Inside of Mobile with the Memphis Blues Again " estivera soando repetidamente no fondo. Para Sottsass, o nome "Memphis" representaba dúas cousas: unha cidade en Tennessee e a capital do Antigo Exipto. O grupo de deseñadores, entón, continuou adiante e utilizou a ambigüidade detrás do nome "Memphis" para representar e simbolizar as súas ambiguas filosofías de deseño de mobles, obxectos e téxtiles. No caso de Sottsass en concreto, mostrou un gran interese polo gusto da clase media, as tradicións do Terceiro Mundo e Oriente e a natureza.
Sottsass deixou o grupo en 1985 para centrarse na súa firma de deseño e arquitectura, Sottsass Associati, e o grupo acabou por disolverse en 1987.
Impacto esquerda|miniatura|200x200px|O movemento de deseño dos anos 80 comezou en 1981 por Ettore Sottsass e un grupo de deseñadores novos que querían desafiar as nocións establecidas de bo deseño da época. Os coloridos mobles de Memphis foron descritos como "estraños", "incomprendidos", "odiados" e comparados coa tenda xoguetes para nenos, "Fisher-Price". miniatura|Estante para libros Carlton de Ettore Sottsass (1981) Durante os seus anos de actividade, o grupo deseñou unha serie de mobles inconformistas. Un dos seus deseños máis populares e coñecidos é o estante para libros "Carlton", un poste totémico que incorpora unha variedade de cores brillantes, formas sólidas e ocos. A propia estrutura está construída con laminados plásticos baratos, aínda que deseñados para ser vendidos nun mercado de luxo, e incorpora unha serie de triángulos equiláteros, tanto reais como implícitos.
Desde mediados dos anos 80 ata principios dos anos 90 o deseño de mobles, arquitectura, artigos para o fogar e roupa estivo moi influenciado polos deseños do grupo Memphis. As empresas de surf, skate, esquí e BMX non tardaron en adoptar a estética nos seus deseños. Programas de televisión como Miami Vice mostraron moitos exemplos arquitectónicos.
Os deseños de Memphis serviron de inspiración para o desfile de moda da colección de alta costura Christian Dior de outono/inverno 2011-2012, para a colección Missoni de inverno de 2015.
Entre os coleccionistas de Memphis máis notables atopáronse o deseñador de moda Karl Lagerfeld e o músico David Bowie. Despois da morte de Bowie en 2016, parte da súa colección, incluídas as pezas que posuía do Grupo Memphis, foi poxada nunha poxa de Sotheby's.
Un estilo de ilustración "plano, xeométrico e figurativo" "normalmente composto por cores sólidas", popular a finais da década de 2010, especialmente entre as empresas emergentes, foi denominado "Corporate Memphis" pola Wired Magazine pola súa semellanza cos deseños de Memphis.
Galería
Notas
Categoría:Movementos artísticos Categoría:Historia do mobiliario Categoría:Empresas de deseño