Leandro Nicolás Bolmaro, nado o 11 de setembro de 2000 en Las Varillas, é un xogador profesional de baloncesto arxentino. Cunha altura de 2,06 m xoga nas posicións de escolta e ala para o Olimpia Milano da Lega Basket Serie A italiana.
Traxectoria Bolmaro foi escollido na 23ª posición do Draft da NBA de 2020 polos New York Knicks, pero os Knicks traspasaron os seus dereitos ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre tres equipos. O 18 de setembro de 2021, Bolmaro asinou un contrato de rookie cos Timberwolves. Bolmaro debutou na NBA o 20 de outubro de 2021 na vitoria dos Timberwolves por 124-106 contra os Houston Rockets.
O 6 de xullo de 2022, os Timberwolves traspasaron a Bolmaro ós Utah Jazz xunto a Patrick Beverley, Jarred Vanderbilt, Malik Beasley, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert. O 16 de febreiro de 2023, Bolmaro e os Jazz acordaron o remate do contrato do xogador.
O 2 de marzo de 2023, Bolmaro asinou co Lenovo Tenerife da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados na provincia de Córdoba, Arxentina Categoría:Xogadores de baloncesto da Arxentina Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet B Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores do CB Canarias Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do Olimpia Milano