Jalen Montez Duren, nado o 18 de novembro de 2003 en Sharon Hill, Pensilvania, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Detroit Pistons da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Duren foi seleccionado na 13ª posición do Draft da NBA de 2022 polos Charlotte Hornets, pero esa mesma noite saíu traspasado primeiro ós New York Knicks e posteriormente ós Detroit Pistons. O 7 de xullo de 2022, Duren asinou o seu contrato de rookie cos Pistons. O 19 de outubro de 2022, Duren debutou na NBA, facendo 14 puntos, 10 rebotes e 3 tapóns na vitoria dos Pistons por 113–109 contra os Orlando Magic.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados no condado de Delaware, Pensilvania‎ Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Charlotte Hornets Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons