Michael Joseph Jackson,Departamento de Saúde do Condado dos Ánxeles. (2009). Certificado de morte de Michael Jackson. nado o 29 de agosto de 1958 en Gary, Indiana, e finado o 25 de xuño de 2009 nos Ánxeles, foi un cantautor, produtor, músico, actor e bailarín estadounidense. Alcumado coma o "Rei do Pop","Leva a coroa como Rei do Pop porque ningún artista foi quen de superar o seu récord de vender preto de 60 millóns de copias dun único álbum (Thriller)", en a súa contribución á música, ó baile, á moda, xunto coa súa publicitada vida persoal, fixeron del unha figura da cultura popular durante catro décadas.
O oitavo fillo da familia Jackson, debutou na música profesional a carón dos seus irmáns como membro dos Jackson 5 en 1968, e comezou a súa carreira en solitario en 1971. A comezos dos anos 1980, Jackson converteuse na figura dominante da música popular. Os vídeos musicais das súas cancións, como "Beat It", "Billie Jean", e "Thriller", considéranse rompedores das barreiras raciais e transformadores do medio nunha arte e nunha ferramenta de promoción. A popularidade deses vídeos axudou a elevar á fama a MTV, daquela unha canle relativamente nova. Con vídeos como "Black or White" e "Scream", continuou a innovar no medio ó longo da década de 1990, ademais de forxarse unha reputación como artista das xiras mundiais. A través das actuacións nos escenarios e nos vídeos, Jackson popularizou unha morea de complicadas técnicas de baile, como o robot e o moonwalk, ós cales el deu nome. O seu distintivo son e estilo influíron en numerosos artistas de hip hop, post-disco, R&B contemporáneo, pop e rock.
O álbum de Jackson Thriller (1982) é o álbum máis vendido de tódolos tempos. Os seus outros álbums, como Off the Wall (1979), Bad (1987), Dangerous (1991) e HIStory (1995), tamén están entre os máis vendidos do mundo. Jackson é un dos poucos artistas que foi honrado no Salón da Fama do Rock por dúas veces. Algúns dos seus outros logros son varios Récords Guinness do Mundo, 13 Premios Grammy, un Grammy Legend e un Grammy á carreira artística; 26 American Music Awards, máis que ningún outro artista, incluídos o de "Artista do Século" e "Artista dos anos 1980"; 13 números un nos Estados Unidos na súa carreira en solitario, máis que calquera outro artista masculino na era dos Hot 100; e máis de 400 millóns de discos vendidos por todo o mundo. Jackson gañou centos de premios, o que o converteu no artista máis galardoado da historia da música popular. O 29 de agosto de 2010, no que sería o seu aniversario número 52, converteuse postumamente no artista máis descargado da historia da Nokia Music Store. Coñecido polo seu labor filantrópico, Jackson viaxou constantemente arredor do mundo polas súas campañas humanitarias, e o Libro dos Récords de 2000 recoñeceuno polas súas 39 actividades caritativas.
Aspectos da vida persoal de Jackson, como a súa aparencia cambiante, relacións sentimentais e comportamento, xeraron moita controversia. A mediados dos anos 1990, foi acusado de abusos sexuais a menores, mais o caso resolveuse fóra dos tribunais co pago de 25 millóns de dólares e non se chegaron a presentar cargos formais. No 2005, foi xulgado por máis alegacións de abusos sexuais e outros cargos, dos cales o xurado atopou inocente. Mentres se preparaba para o seu regreso nunha serie de concertos chamada This Is It, Jackson morreu o 25 de xuño de 2009 por mor dunha parada cardiorrespiratoria logo dunha intoxicación aguda de propofol e benzodiacepina. O Departamento Forense do Condado dos Ánxeles declarou a súa morte como un homicidio, e o seu médico persoal, Conrad Murray, foi condenado por homicidio involuntario. A morte de Jackson desencadeou unha resposta global e a retransmisión en directo do seu funeral foi vista arredor de todo o mundo.
Jackson converteuse no primeiro artista en ter un sinxelo no Top Ten da Billboard Top 100 en cinco décadas diferentes cando Love Never Felt So Good acadou o número 9 o 21 de maio de 2014.
Traxectoria 1958–75: Infancia e The Jackson 5 miniatura|Casa da infancia de Jackson en Gary, Indiana, con tributos dos fans após a súa morte. Michael Jackson naceu o 29 de agosto de 1958. Era o oitavo de dez irmáns dunha familia afroamericana de clase traballadora, que vivía nunha casa de dous dormitorios de Gary, Indiana, unha cidade industrial preto de Chicago. A súa nai, Katherine Esther Scruse, era unha devota testemuña de Xeová. No pasado, ela aspirara a ser unha artista country que tocaba o clarinete e o piano, mais acabou traballando para a compañía Sears. O seu pai, Joseph Walter "Joe" Jackson, un antigo boxeador, traballaba co aceiro para U.S. Steel. Joe tamén tocaba a guitarra nun grupo local de R&B chamado "The Falcons" para axudar na economía familiar. Michael medrou con tres irmás (Rebbie, La Toya, e Janet) e cinco irmáns (Jackie, Tito, Jermaine, Marlon, e Randy). Un sexto irmán, Brandon, irmán xemelgo de Marlon, morreu pouco despois de nacer.
Michael tivo unha relación problemática co seu pai, Joe.Michael Jackson's Secret Childhood, VH1, 20 de xuño de 2008. No 2003, Joe recoñeceu que zoupaba a Michael cando era neno. Joe tamén dixo ter abusado verbalmente do seu fillo, dicíndolle que tiña un "nariz gordo" en varias ocasións. Jackson dixo que foi abusado fisicamente e emocionalmente durante os incesantes ensaios, aínda que tamén declarou que a estrita disciplina do seu pai xogou un papel moi importante no seu éxito. Conversando abertamente sobre a súa nenez nunha entrevista con Oprah Winfrey, emitida en febreiro de 1993, Jackson recoñeceu que a súa xuventude fora moi solitaria e que se sentiu illado. A profunda insatisfacción de Jackson coa súa aparencia, os seus pesadelos e problemas para durmir, a súa tendencia a compracer constantemente, especialmente ó seu pai, e o seu comportamento infantil na súa vida adulta, considéranse efectos dos malos tratos que sufriu na infancia.Daniel Schechter, Erica Willheim (2009). "The Effects of Violent Experience and Maltreatment on Infants and Young Children". In Charles H. Zeanah (Ed.). Handbook of Infant Mental Health—3rd Edition. New York: Guilford Press, Inc. páxinas 197–214.
Nunha entrevista con Martin Bashir, posteriormente incluída no telefilme de 2003 Living with Michael Jackson, Jackson recoñeceu que o seu pai mancábao cando era neno, pero considerábao un "xenio", xa que segundo el mesmo, a estrita disciplina do seu pai foi fundamental para conseguir o éxito. Cando Bashir descartou o comentario positivo e continuou a inquirir sobre os golpes, Jackson puxo unha man diante da cara e opúxose ás súas preguntas.
miniatura|Michael (centro) como membro de The Jackson 5 en 1972. En 1964, Michael e Marlon uníronse ós Jackson Brothers, unha banda formada polo seu pai na que estaban os seus irmáns Jackie, Tito e Jermaine, que eran músicos de acompañamento que tocaban as congas e a pandeireta. En 1965, Michael comezou a compartir a voz líder do grupo co seu irmán máis vello Jermaine, e o nome do grupo cambiouse por The Jackson 5. Ese ano, o grupo gañou unha competición de talentos con Michael interpretando a canción de James Brown "I Got You (I Feel Good)". Dende 1966 a 1968, a banda fixo xiras polo Medio Oeste, actuando nunha serie de clubs afroamericanos coñecidos como "chitlin' circuit". Frecuentemente facían de abreconcertos de artistas de R&B como Sam & Dave, The O'Jays, Gladys Knight e Etta James. The Jackson 5 tamén actuaron en bares e clubs, onde se facían espectáculos de striptease, e tamén en auditorios locais e bailes de instituto. En agosto de 1967, mentres facían xira pola Costa Leste, o grupo gañou un concurso afeccionado no Teatro Apollo de Harlem.
miniatura|esquerda|220px|Foto dos Jackson 5 anunciando a súa aparición en The Ed Sullivan Show. The Jackson 5 gravaron varias cancións, como "Big Boy" (1968), o seu primeiro sinxelo, para Steeltown Records, un selo de Gary, Indiana, antes de asinar con Motown Records en 1969. The Jackson 5 deixaron Gary en 1969 e trasladáronse á área dos Ánxeles, onde seguiron gravando música para Motown. A revista Rolling Stone describiu a Michael como "un prodixio" con "abrumadores dons musicais," escribindo que el "emerxeu axiña como o principal atractivo e voz principal". O grupo apareceu nunha lista musical cando os seus primeiros catro sinxelos—"I Want You Back" (1969), "ABC" (1970), "The Love You Save" (1970) e "I'll Be There" (1970)—acadaron o número un en Billboard Hot 100. En maio de 1971, a familia Jackson mudouse a unha gran casa en Encino, nos Ánxeles, onde Michael evolucionou de artista infantil a ídolo adolescente. Mentres Michael comezaba a medrar como artista en solitario a comezos dos anos 1970, seguiu a manter lazos con The Jackson 5 e Motown. Entre 1972, cando comezou a súa propia carreira, e 1975, Michael lanzou catro álbums de estudio con Motown: Got to Be There (1972), Ben (1972), Music & Me (1973) e Forever, Michael (1975). "Got to Be There" e "Ben", as cancións que deron título ós dous primeiros álbums, foron sinxelos exitosos, así como a versión da canción de Bobby Day "Rockin' Robin".
The Jackson 5 foron descritos posteriormente coma "un vangardista exemplo de rompedores artistas negros". Malia que as vendas do grupo comezaron a decaer en 1973, e os membros da banda anoxáronse con Motown por impedirlles ter control creativo, conseguiron un éxito top 40 como "Dancing Machine" (1974), antes de que The Jackson 5 deixara Motown en 1975.
1975–81: Cambio a Epic e Off the Wall miniatura|280px|Os Jackson 5 en 1974. En xuño de 1975, os Jackson 5 asinaron con Epic Records, unha subsidiaria de CBS Records, e cambiaron o seu nome por the Jacksons. O irmán máis novo, Randy, uniuse formalmente á banda neste período, mentres Jermaine elixiu seguir con Motown e continuar unha carreira en solitario. Os Jacksons continuaron a facer xiras internacionalmente, e lanzaron seis álbums máis entre 1976 e 1984. Michael, o líder letrista do grupo durante esa época, escribiu éxitos como "Shake Your Body (Down to the Ground)" (1979), "This Place Hotel" (1980) e "Can You Feel It" (1980).The Jackson Five , Rock and Roll Hall of Fame. Consultado o 16 de marzo de 2013. A introdución de Michael no cine comezou en 1978, cando interpretou o "Espantallo" en O meigo, un musical dirixido por Sidney Lumet no que tamén saían Diana Ross, Nipsey Russell e Ted Ross. O filme foi un desastre na recadación. Mentres traballaba no filme, Michael coñeceu a Quincy Jones, que estaba a facer a banda sonora do mesmo, e Jones accedeu a producir o seu próximo álbum en solitario, Off the Wall. En 1979, Jackson rompeu o nariz durante unha rutina de baile. A súa rinoplastia non foi satisfactoria, xa que se queixaba de dificultades respiratorias que poderían afectar a súa carreira. O doutor Steven Hoefflin foi o encargado de efectuar a segunda rinoplastia de Jackson e as operacións vindeiras.