San Cosme de Liñares é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2008 tiña 31 habitantes (16 homes e 15 mulleres) agrupados nas entidades de Guariz, Liñares e Santiorxo, xa que a entidade de Covos está deshabitada. A densidade media é de 3,1 hab/km². En 1991 tiña 43 habitantes.

Limia coas parroquias de Pinel e Abrence ao norte, Abrence e Quintá de Lor ao leste, Vilachá de Salvadur e Rozavales ao sur, e Sindrán ao oeste.

Patrimonio Artístico: A igrexa de San Cosme foi construída no s. XVII, pero sufriu importantes reformas no s. XX. Ten dúas naves, muros de cachotaría e tellado de lousa. A fachada conta cunha porta enmarcada por arco de medio punto.A sancristía acaroada ó presbiterio. No interior, o retablo maior data do s. XVIII, con esculturas do s. XVII e s. XVIII. Capela de Santiorxo. Natural: Sobreira de Santiorxo

Festividades Festas do Rosario en agosto.

Lugares e parroquias Lugares de Liñares

Parroquias da Pobra do Brollón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón

Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cosme