O termo Cocho pode referirse a:
Cocho (de coch, voz coa que se lle chama ao porco) mamífero doméstico, omnívoro, de corpo groso, porco, rancho: Cocho, carne do cocho, carne de porco; Cocho, por extensión, persoa sucia ou cousa que ten sucidade. Cocho, ubre da vaca, cochorro; Cocho (do latín coactus apertado, comprimido) lugar cuberto onde se acochan os animais, cocha.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza
O Cocho, lugar da parroquia da Franqueira, no concello da Caniza; O Cocho, lugar da parroquia de Castrelos, no concello de Vigo; O Cocho de San Pedro, lugar da parroquia de Matamá, no concello de Vigo; O Cochovello, lugar da parroquia de Mera de Arriba, no concello de Ortigueira.
Fóra de Galiza
No Brasil Pontinha do Cocho, distrito do concello brasileiro de Camapuã, no estado de Mato Grosso do Sul.
Véxase tamén Outros artigos
Cocho, bebida chilena feita con fariña torrada, auga e azucre, semellante ao ulpo. Nalgúns países de Latinoamérica, cocho é tamén sinónimo de fariña torrada; Viola de cocho, instrumento musical brasileiro dos estados de Mato Grosso e Mato Grosso do Sul.