Santa Comba de Fornelas é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2008 tiña 84 habitantes, 45 homes e 39 mulleres, agrupados en 8 entidades de poboación, cunha densidade media de 27 hab./km². En 1991 TIÑA 114 habitantes.

Limita coas parroquias de Eixón ao norte, Cereixa ao leste, Chavaga ao sur e A Parte ao oeste.

Patrimonio Castro de Montecelo, no monte do mesmo nome. Igrexa de Santa Comba de Fornelas.

A Muradella, no monte Moncai, acumulación de pedras de cuarcita cunha cámara funeraria

Festividades As festas da parroquia celébranse o primeiro domingo de agosto na honra a Santo Antón. Antigamente, celebrábanse o 1 de xaneiro.

Lugares e parroquias Lugares de Fornelas

Parroquias da Pobra do Brollón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón

Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Comba