Acontecementos 4 de xaneiro, Utah é admitido como o 45º estado dos Estados Unidos. 1 de marzo, Batalla de Adua entre Abisinia (Etiopía) e Italia. O ministro da Guerra español, o xeneral Azcárraga, repón a Capitanía Xeneral de Galicia na cidade da Coruña. Arte e cultura O polaco Sienkiewicz publica a novela histórica Quo Vadis?. Así falaba Zaratustra, sinfonía do compositor alemán Richard Strauss. miniatura|Mariña de Ovidio Murguía, 1896. Ciencia e tecnoloxía 23 de xaneiro - Wilhelm Roentgen descobre os raios X.

Nacementos 2 de xaneiro - Dziga Vertov, director de cine ruso. 4 de xaneiro - Everett Dirksen, político americano. 11 de xaneiro - Placeres Castellanos, mestra antifascista galega (m. 1971). 14 de xaneiro - John Dos Passos, novelista e artista plástico estadounidense. 2 de febreiro - Kazimierz Kuratowski, matemático polaco. 12 de febreiro - Enric Monjo, escultor catalán (m. 1976). 19 de febreiro - André Breton, poeta francés. 8 de marzo - Ramiro Isla Couto, empresario e político galego. 30 de marzo - Ignacio Vidales Tomé, xornalista, debuxante e caricaturista galego (m. 1963). 16 de abril - Tristán Tzara, escritor francés de orixe romanesa. 7 de xuño - Robert S. Mulliken, físico e químico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1966 (m. 1986) 14 de xullo - Buenaventura Durruti, revolucionario e sindicalista anarquista español. 24 de xullo - Manuel Gama Casalderrey, político galego (m. 1950). 9 de agosto - Jean Piaget, psicólogo e pedagogo suízo. 10 de agosto - Walter Lang, cineasta estadounidense. 4 de setembro - Antonin Artaud, poeta e dramaturgo francés. 6 de setembro - Balbino Clemente, futbolista galego. 20 de setembro - Ricardo García Lago, sindicalista e político galego. 24 de setembro - F. Scott Fitzgerald, escritor estadounidense. 3 de outubro - Gerardo Diego, poeta e escritor cántabro, membro da Xeración do 27. 11 de outubro - Roman Jakobson, lingüista, fonólogo e teórico da literatura ruso. 12 de outubro - Eugenio Montale, poeta italiano, premio Nobel de Literatura en 1975. 18 de outubro - Frederick Hollander, compositor alemán. 7 de novembro - David Díaz Rodríguez, sindicalista, xornalista e político galego (m. 1936). 12 de novembro - Lev Vygotski, psicólogo bieloruso. 24 de novembro - Virxilio Blanco, pintor galego (n. 1948). 7 de decembro - Julio Prieto Nespereira, pintor e gravador galego (m. 1991). 16 de decembro - Ivan Merz, universitario leigo croata beatificado polo Papa Xoán Paulo II. 23 de decembro - Giuseppe Tomasi di Lampedusa, escritor italiano. 29 de decembro - David Alfaro Siqueiros, pintor mexicano.

Mortes 4 de xaneiro - Joseph Hubert Reinkens, bispo alemán. 15 de abril - Xoán Manuel Pereira de Castro, político e diplomático galego (n. 1820). 16 de xullo - Edmond de Goncourt, escritor francés. 11 de outubro - Anton Bruckner, compositor e organista austríaco. 10 de decembro - Alfred Nobel, inventor sueco.

19 de decembro - Manuel Becerra Bermúdez, matemático e político galego.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1896