Acontecementos 3 de xaneiro: no Xapón a Dinastía Meiji é restaurada e o Shogunato abolido. 19 de setembro: Revolución de 1868, que supuxo o destronamento da raíña Isabel II de España e o inicio do Sexenio Democrático. Cristopher Sholes desenvolve e patenta o teclado QWERTY, chamado así pola disposición das primeiras letras do teclado.

Nacementos 9 de xaneiro - S. P. L. Sørensen, químico dinamarqués (m.1939) 29 de xaneiro - Manuel Lois Vázquez, xornalista e escritor galego (m. 1899). 31 de xaneiro - Theodore Richards, químico estadounidense, premio Nobel de Química en 1914. 26 de febreiro - Venceslau Braz, presidente do Brasil (m. 1966). 9 de marzo - Ramón Bustelo González, financeiro e político galego (m. 1942). 22 de marzo - Celestino Poza Cobas, médico e político galego. 25 de marzo - Fernando González Gómez, xornalista e político vasco (m. 1947). 6 de maio - Gaston Leroux, escritor francés. 18 de maio - Nicolao II, tsar de Rusia (1894-1917). 6 de xuño - Robert Falcon Scott, explorador inglés da Antártida (m. 1912). 14 de xuño - Karl Landsteiner, patólogo austríaco, premio Nobel de Medicina en 1930. 18 de xuño – Miklós Horthy, rexente da Hungría durante a segunda guerra mundial (m. 1957). 7 de novembro - Delfim Moreira, presidente do Brasil (m.1920). 22 de novembro - Cecilio Bedia Caballería, militar galego (m. 1953). 28 de novembro - Algot Untola, escritor finlandés (m. 1918). 9 de decembro - Fritz Haber, químico alemán, premio Nobel de Química en 1918 (m. 1934). 20 de decembro - Arturo Alessandri Palma, presidente de Chile (m. 1950).

Mortes 19 de febreiro - Venancio Flores, presidente do Uruguai (n. 1808) 26 de setembro - August Ferdinand Möbius, matemático e astrónomo alemán (m. 1790) 13 de novembro - Gioachino Rossini, compositor italiano. 19 de novembro - José García Mosquera, escritor e tradutor galego (n. 1817). 6 de decembro - August Schleicher, lingüista alemán (n. 1821). Christian Friedrich Ecklon, botánico, colleiteiro e boticario dinamarqués. (m.1795)

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1868