Markel Lozano Llona, nado en Bilbao o 3 de maio de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista na Ponferradina, da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Lauro Ikastola e do Indartsu, ata que en 2015 ingresou na estrutura do Athletic Club, para militar no segundo filial, o Basconia, na Tercera División. Para a campaña 2016/17 foi cedido ao Zamudio, da Segunda División B, e volveu saír cedido na seguinte, desta vez ao Arenas de Getxo, da mesma categoría.

En xuño de 2018, cando expiraba o seu contrato co Athletic, fichou definitivamente polo Arenas. Con todo, a pesar de ser titular indiscutible, deixou o equipo en xaneiro, asinando co Amorebieta, tamén de Segunda B. Un ano despois, en xaneiro de 2020 incorporouse ao Celta de Vigo e foi destinado ao filial de Segunda B.

En xullo de 2021 regresou ao Amorebieta, que acababa de ascender á Segunda División. Xogou 34 partidos co equipo vasco na categoría de prata, sen conseguir o obxectivo da permanencia. Na tempada 2022/23 xogou na Primeira División RFEF, nas filas da UD Logroñés, e foi titular en tódolos partidos do campionato excepto nun, no que estivo ausente por acumulación de cartóns amarelos. Con todo, o equipo rioxano acabou descendendo ao remate da competición.

No verán de 2023 fichou pola Ponferradina, tamén de Primeira RFEF.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Baskonia Categoría:Xogadores do Arenas Club de Getxo Categoría:Xogadores da SD Amorebieta Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do UD Logroñés Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Personalidades sen imaxes