Miguel Ferrol Muñiz, nado na Pobra do Caramiñal o 17 de decembro de 1989, é un árbitro de fútbol galego, que milita na Segunda División RFEF.

Traxectoria Iniciouse na arbitraxe en 2012, arbitrando primeiro partidos infantís e subindo logo por diferentes categorías. Entre 2017 e 2019 arbitrou na Terceira División, ascendendo para a tempada 2019/20 á Segunda División B (agora Segunda RFEF) , na que milita dende entón.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol . Datos do árbitro en LaPreferente.com .

Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1989 Categoría:Árbitros de fútbol de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes