Fina Calleja é unha actriz galega de teatro e televisión.
Traxectoria Estudou na Real Escola de Arte Dramática e Danza de Madrid, e é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Durante anos combinou a actividade escénica con diversos traballos nos medios de comunicación. É membro da compañía Sarabela Teatro desde 1998. Dirixiu o seu interese cara ao mundo da interpretación e as áreas de voz e dramaturxia. É actriz e docente na aula de Teatro Universitaria de Ourense, e asume, no marco de Sarabela Teatro, as responsabilidades de distribuidora e produtora artística.
Recibiu o premio María Casares ao mellor texto adaptado polas versións teatrais de O lapis do carpinteiro e Segismunda, compartido con Ánxeles Cuña Bóveda e Begoña Muñoz. Interveu como actriz en varias series de televisión e creou e dirixiu Cristóbal e o libro das marabillas, espectáculo infantil de Sarabela Teatro.
Teatro
Con Sarabela
2000: O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (dramaturxia Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Fina Calleja). Dirección Ánxeles Cuña. 2001: Sexismunda, de P. Calderón de La Barca (dramaturxia de Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña, Fina Calleja). Dirección Ánxeles Cuña. 2007: Cristovo e o libro das marabillas, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja. 2007: Margar no pazo do tempo, de A. Cuña Bóveda 2008: Dáme veleno eu tamén soñar, de A. Cuña Bóveda 2008. Cósima, de Cris Baldwin 2009: A Esmorga, de Blanco Amor (Dramaturxia de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro) 2010: Konrad ,de Chistrine Nöstlinger (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda) 2010: O incerto Señor Don Hamlet, de Cunqueiro 2011: Tango, de Slawomir Mrózek 2011: O asombro da auga, de Fina Calleja 2012: A voar, de Fina Calleja 2012: A viaxe a ningunha parte ,de F. Fernán Gómez (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda) 2013: A idade da pavía, de Arístides Vargas 2014: Pequenas certezas, de Bárbara Colio 2014: O último dragón, dramaturxia e dirección de Fina Calleja 2015: Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago (Dramaturxia de A. Cuña Bóveda) 2016: O secuestro da bibliotecaria, de Margaret Mahy. Dirección e dramaturxia de Fina Calleja. 2018: Proxecto Noee, de Fina Calleja. Dirección Fina Calleja. 2022: Asemblea xeral, de Lauro Olmo. Dramaturxia de Fina Calleja e Fernando Dacosta. Dirección Fina Calleja. 2022: Arraianos, de Méndez Ferrín 2023: Made in Galiza, de Séchu Sende, dirixida por Fina Calleja, coa dramaturxia de Fernando Dacosta e interpretada polo propio Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Josito Porto.
Ademais
2020: Rosalía, de Culturactiva. Dirección de Fina Calleja. 2023: Castelao, texto de Paula Carballeira e Cris Collazo. Dirección de Fina Calleja
Televisión
2006: A vida por diante (2006) A solaina Criaturas 2011: Piratas 2008: Padre Casares en TVG 2016: Augasquentes Ficción produccións para TCG 2016: Juana de Vega para Zennit 2016: O final do camiño 2017: Viradeira 2018: Contou Rosalía 2020: Néboa.
Cine
2011: Onde está a felicidade?, de Carlos Alberto Riccelli 2014: A esmorga, de Ignacio Vilar
Notas
Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Directores de teatro de Galicia