O Red Bull Bragantino II é un equipo de fútbol brasileiro con sede en Bragança Paulista, São Paulo, filial do Red Bull Bragantino. Milita no Campionato Paulista de Serie A3, a terceira categoría do fútbol paulista, e está composto por futbolistas de menos de 23 anos.
Foi fundado o 19 de novembro de 2007 como Red Bull Brasil e competiu durante uns anos como club independente. En 2019, a compañía Red Bull convertese na propietaria do Bragantino e o Red Bull Brasil pasou a ser o seu filial. En 2023 cambiou o seu nome a Red Bull Bragantino II.
Historia O club foi fundado o 19 de novembro de 2007, co nome de Red Bull Brasil e disputaba os seus partidos no Estadio Moisés Lucarelli de Campinas. En 2009 gañou o Campionato Paulista Segunda División, a cuarta categoría do campionato fútbol do Estado de São Paulo e en 2010 conseguiu un segundo ascenso consecutivo, tras se proclamar campión do Campionato Paulista Serie A3. Ese mesmo ano acabou subcampión da Copa Paulista, na súa primeira participación, despois de non poder superar na final ao Paulista. O ataque do equipo estaba liderado polo máximo goleador histórico do club, Henan, que acabou o 2010 como o máximo anotador tanto na liga como na Copa.
En 2014 o Red Bull Brasil rematou segundo no Campionato Paulista Serie A2 e ascendeu á máxima categoría do fútbol do Estado. En 2015 chegou aos cuartos de final, onde perdeu ante o São Paulo. Co seu 6º posto, o equipo clasificouse para o Campionato Brasileiro de Serie D, onde non conseguiu meterse nos playoffs.
En 2016, o equipo acadou de novo os cuartos de final do Paulista, caendo ante o Corinthians, e clasificouse para a Copa do Brasil, sendo eliminado na primeira rolda ante o América Mineiro.
O 26 de marzo de 2019, o presidente do Bragantino anunciou un acordo co Red Bull Brasil para que este se convertese en equipo filial do primeiro. O 16 de xaneiro de 2023, o Red Bull Brasil cambiou o seu nome a Red Bull Bragantino II.
Adestradores
Paulo Sérgio (2008) Ricardo Pinto (2008–2009) José Luis Fernandes (2009) Jair Picerni (2009) Márcio Fernandes (2010–2011) Luciano Dias (2011–12) Argel Fucks (2012–13) Mauricio Barbieri (2014–2016) Alberto Valentim (2017) Silas Pereira (2017) Ricardo Catalá (2017–2018) Antônio Carlos Zago (2018–2019) Vinicius Munhoz (2020–2022) Fábio Matias (2022–)
Palmarés
Campionato Paulista Serie A3 (1): 2010. Campionato Paulista Segunda División (1): 2009. Campionato Paulista do Interior (1): 2019.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos RB Leipzig New York Red Bulls FC Red Bull Salzburgo Red Bull Ghana Red Bull Bragantino
Ligazóns externas Páxina oficial Sitio oficial Red Bull Brasil SP Artigo sobre Red Bull Brasil no xornal deportivo brasileiro Lance Red Bull Football
Categoría:Equipos de fútbol do Brasil