José Vicente Fernández Rodríguez, nado en Caracas en 1969, é un adestrador e preparador físico venezolano.

Traxectoria Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, traballou como técnico nas escolas deportivas de fútbol e baloncesto da Coruña e como técnico deportivo das actividades físico-deportivas e de saúde en Abegondo. Foi tamén preparador físico do Basquet Coruña. En xuño de 2023 entrou a formar parte do Consello de Administración do Deportivo da Coruña, baixo a presidencia de Álvaro García e máis tarde de Juan Carlos Escotet. Permaneceu no Consello durante tres anos, nos cales o club ascendeu dende a Primeira Federación ata a Primeira División.

Notas

Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1969 Categoría:Preparadores físicos de baloncesto Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Galegos de Venezuela