A 17-hidroxiproxesterona (nome DCI xenérico hidroxiproxesterona, OHP), tamén chamada 17α-hidroxiproxesterona (17α-OHP) e 17-OH proxesterona (17-OHP), é unha hormona esteroide proxestáxena endóxena relacionada coa proxesterona. É tamén un intermediario químico na biosíntese de moitos outros esteroides endóxenos, incluíndo andróxenos, estróxenos, glicocorticoides e mineralocorticoides, así como neuroesteroides.
Actividade biolóxica A 17α-OHP é un agonista do receptor da proxesterona (PR) similar á proxesterona, pero máis débil en comparación. Ademais, é un antagonista do receptor de mineralocorticoides (MR) así como un agonista parcial do receptor de glicocorticoides (GR), aínda que con moi baixa potencia (EC50 >100 veces menos en relación ao cortisol) neste último sitio, tamén de xeito similar á proxesterona.
Bioquímica miniatura|esquerda|300px|Esteroidoxénese, onde se mostra a 17α-OHP na parte central esquerda entre os pregnenos.
Biosíntese
A 17α-OHP deriva da proxesterona por acción do encima 17α-hidroxilase (codificada por CYP17A1)"CYP17A1 cytochrome P450 family 17 subfamily A member 1 [Homo sapiens (human) ] - Gene - NCBI". www.ncbi.nlm.nih.gov. Retrieved 2016-09-27.
Os niveis de 17α-OHP increméntanse no terceiro trimestre de embarazo debido primeiramente á produción adrenal fetal.
Este esteroide prodúcese principalmente nas glándulas adrenais e en certo grao nas gónadas, concretamente no corpo lúteo do ovario. Os niveis normais son 3-90 ng/dl en nenos e, en mulleres, 20-100 ng/dl antes da ovulación, e 100-500 ng/dl durante a fase lútea.Reference Values During Pregnancy
Medida As medidas dos niveis de 17α-OHP son útiles na avaliación de pacientes con sospeitas de hiperplasia adrenal conxénita, xa que nela a deficiencia nos encimas típicos, concretamente a 21-hidroxilase e a 11β-hidroxilase, orixina unha acumulación de 17α-OHP. En contraste, os raros pacientes con deficiencia de 17α-hidroxilase teñen uns niveis moi baixos ou indetectables de 17α-OHP. Os niveis de 17α-OHP poden tamén utilizarse para medir a contribución da actividade proxestacional do corpo lúteo durante o embarazo como proxesterona, pero a 17α-OHP tamén se produce na placenta.
Os inmunoensaios como o RIA (radioinmunoensaio) ou o IRMA (ensaio inmunorradiométrico) usados para determinar clinicamente a 17α-OHP teñen tendencia ás reaccións cruzadas cos precursores esteroides da 17α-OHP e os seus conxugados sulfatados. As cromatografías de gas ou líquida e a espectrometría de masas (por exemplo a LC-MS/MS) conseguen unha maior especificidade que os inmunoensaios.
As medidas de 17α-OHP por LC-MS/MS mellora os cribados do neonato para a hiperplasia adrenal conxénita debido a deficiencia de 21-hidroxilase, porque os precursores esteroides da 17α-OHP e ao seus conxugados sulfatados que están presentes nos primeiros dous días despois do nacemento e máis tempo nos neonatos pretérmino, presentan reaccións cruzadas en inmunoensaios coa 17α-OHP, dando falsamente altos niveis de 17α-OHP.
Farmacocinética Aínda que a 17α-OHP non se utilizou como medicamento, a súa farmacocinética foi estudada e revisada.
Usos médicos Os ésteres da 17α-OHP, como a hidroxiproxesterona caproato e, en moita menor medida, a hidroxiproxesterona acetato e a hidroxiproxesterona heptanoato, utilizáronse en medicina como proxestinas. Normalmente cando se fai referencia á "hidroxiproxesterona" no seu uso médico como medicamento, xeralmente se está facendo referencia ao seu derivado hidroxiproxesterona caproato.
Química
A 17α-OHP, tamén chamada 17α-hidroxipregn-4-eno-3,20-diona, é un esteroide pregnano natural. Presenta un grupo cetona nas posicións C3 e C20, un grupo hidroxilo na poición C17α e un dobre enlace entre as posicións C4 e C5.
A 17α-OHP é o composto parental dunha clase de proxestinas denominada derivados da 17α-hidroxiproxesterona. Entre outros, esta clase de fármacos inclúe os seguintes: clormadinona acetato, ciproterona acetto, hidroxiproxesterona caproato, medroxiproxesterona acetato e mexestrol acetato.
Notas
Véxase tamén Outros artigos 11α-Hidroxiproxesterona 5α-Dihidroproxesterona 20-Dihidroproxesterona 11-Desoxicorticosterona 11-Desoxicortisol 17α-Metilproxesterona 19-Norproxesterona 19-Nortestosterona
Categoría:Dicetonas Categoría:Glicocorticoides Categoría:Pregnanos Categoría:Proxestáxenos