As Travesas é un barrio urbano da parroquia de Freixeiro, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo.

Toponimia Segundo Iván Sestay, As Travesas nunca foi un barrio da vella parroquia de Coia, senón que se trataba dun lugar repartido entre os barrios do Chouso, Quintela e Peniche. Tamén indica que a difusión deste topónimo goza de moita vitalidade dende o século XX. A praza de América é coñecida tamén por este nome, e o topónimo abrangue unha extensión meirande cá histórica. Nesta praza atópase A Porta do Atlántico.

Documéntase dende o século XVI. Deriva seguramente da redución de As Leiras Travesas, é dicir, unhas veigas atravesadas, dispostas en dirección contraria.

O Nomenclátor de Galicia, inclúeo como lugar da parroquia de San Tomé de Freixeiro, aínda que o IGE non o recolle.

Lugares e parroquias Lugares de Freixeiro

Barrios da cidade de Vigo

Parroquias de Vigo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vigo

Categoría:Lugares de Vigo