O Tribunal Supremo de Washington (en inglés, Washington Supreme Court) é a máxima instancia xudicial do estado de Washington (Estados Unidos). Fundado en 1889, ten a súa sede en Olympia e intégrano nove maxistrados cuxos veredictos poden ser recorridos ante o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

Competencias A Constitución de Washington no seu artigo cuarto determina os poderes do Tribunal Supremo correspondéndolle garantir o hábeas corpus e o quo warranto (clarificar os poderes das autoridades) e exercer o mandamus (obrigar ao cumprimento) e o certiorari (exercer a revisión xudicial). Deste xeito, é a derradeira instancia de apelación estatal podendo revisar os casos dos tribunais subordinados. Esa facultade faina a partir da documentación do proceso elaborada polo xulgado apelado mais non toma declaración ás partes ou ás testemuñas.

Membros Nove xuíces conforman o Tribunal Supremo. Estes teñen mandato des de seis anos e son electos pola cidadanía mediante sufraxio nunhas eleccións nas que concorren candidatos independentes (os partidos políticos non poden presentar aspirantes). Os maxistrados que compoñen o tribunal, escollen entre eles ao presidente (chief justice) para períodos de catro anos (mediante voto secreto). Ademais, os xuíces débense retirar ao cumpriren 75 anos. Doutra parte, a sede do Tribunal Supremo está nun edificio chamado Templo da Xustiza en Olympia, a capital do estado de Washington.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Tribunal Supremo de Washington (en inglés)

Categoría:Tribunais supremos Categoría:Dereito nos Estados Unidos de América Categoría:Estado de Washington