Saturnino Monteagudo, nado en Forcarei, foi un político galego.
Traxectoria Militante do PSOE. Candidato socialista ás eleccións municipais de 1922, foi elixido concelleiro e alcalde de Forcarei o 1 de abril de 1922 á fronte dunha colación de socialistas e agrarios.El Progreso, 7-4-1922, p. 2. Nese mesmo mes de abril a corporación suspendeu ao secretario, Manuel Ballesteros Curiel, abrídolle expediente acusando de roubo e destrución de documentación municipal.El Progreso, 18-4-1922, p. 2. O 19 de maio publicou un bando no que prohibía o xogo e a blasfemia, velaba pola liberdade de cultos e obrigaba a cumprir a lei do descanso dominical.La Integridad, 9-6-1922, p. 1. O goberno civil resolveu o expediente do secretario en xullo, ordenando a súa reposición. Saturnino Monteagudo vulveu suspendelo de emprego e soldo a finais de agosto, acusándoo de desobediencia.Galicia, 1-9-1922, p. 2. Foi o único alcalde socialista do Estado español na Restauración."El municipio de Forcarey, conquistado por los socialistas", El Socialista, 13-4-1922, p. 2. Ao cabo de tres meses pasouse con parte dos seus correlixionarios ao bando de José Riestra López. Cesou como alcalde coa ditadura de Primo de Rivera. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Forcarei visto a través do periódico “Acción Social”
Categoría:Alcaldes de Forcarei Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Nados en Forcarei